InicioMedio Ambiente e PatrimonioPropoñen unha multa de 26.335 euros ao concello de Ponteareas por verquidos...

Propoñen unha multa de 26.335 euros ao concello de Ponteareas por verquidos ao río Tea

Trátase dun espazo protexido na Rede Natura 2000. Ademais, non é a primeira multa que ten que abonar o Concello de Ponteareas polo mesmo delito.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Grupo Ecoloxista ADENCO acaba de recibir notificación da proposta de sanción da Confederación Hidrográfica Miño-Sil ao concello de Ponteareas polos verquidos da depuradora ao espazo protexido río Tea, denunciados no seu momento pola entidade ecoloxista do Condado e que supuxeron a apertura dun expediente sancionador ao concello.

Na resolución, a Confederación constata a realización de verquidos ao cauce do Tea desde a depuradora da Moscadeira superando os valores límite de concentración de verquido e causando danos ao dominico público hidráulico.

Por estas actuacións, propón unha multa ao concello de Ponteareas de 22.900 euros
polos verquidos e de 3.435 euros por danos no dominio público hidráulico, rexeitando todas as alegacións realizadas polo concello.

O Organismo de conca sinala que existen circunstancias agravantes no expediente sancionador, concretamente a reiteración na conduta infractora, xa que o concello de Ponteareas ten sido sancionado por infraccións similares e a afección a un espazo protexido incluído na Rede Natura, a Zona de Especial Conservación Río Tea.

Verquido no Tea/ Adenco

Esta sanción ao concello de Ponteareas súmase a outras vinculadas co río Tea que se teñen imposto nos últimos anos á entidade municipal. Desde ADENCO lémbrase que as multas, que xa ascenden a ducias de miles de euros, págaas toda a veciñanza e son froito da mala praxe municipal.

Nese senso, como leva facendo desde fai anos, o Grupo Ecoloxista esixe ás autoridades competentes que se solucionen dunha vez estes vertidos da depuradora ao río Tea e se depuren responsabilidades. Desde o Grupo Ecoloxista agárdase que non se volten repetir feitos como os que motivaron a proposta da sanción por parte da Confederación.

ÚLTIMAS

O mar como laboratorio: Galicia e Cantábrico no foco da investigación pesqueira

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Instituto Español de Oceanografía (IEO)...

As fortes choivas poden provocar deslizamentos de terras nas zonas afectadas polos lumes

Portugal e Galicia ollan con esperanza e medo a chegada das choivas dos próximos...

Precaución ante o empeoramento da calidade do aire na área de Vigo esta madrugada

Os niveis de contaminación do aire en Vigo alcanzaron á 1 da madrugada un...

Luz verde ao PXOM de Vigo por parte da Xunta que aínda está pendente do informe de Costas

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, anunciou este xoves...