InicioMedio Ambiente e PatrimonioAumentan as intervencións da Policía Local de Vigo e os bombeiros contra...

Aumentan as intervencións da Policía Local de Vigo e os bombeiros contra a praga da avespa asiática

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección da UMIR (Unidade Medioambiental de Intervención Rural) da Policía Local interveu xa no que leva esta segunda semana de xullo en nove servizos por chamadas tralas aparicións de niños de avespa asiática (Vespa velutina nigrithorax), en distintas parroquias da cidade olívica.

Os axentes, logo de comprobar que se trata de dita avespa invasora, inician o protocolo de retirada, dando aviso a bombeiros para que estes procedan á destrución dos mesmos.
Todos eles atopábanse a unha altura elevada, situados nas copas de árbores.

É unha avespa de gran tamaño (ata 30mm) orixinaria de Asia. No ano 2004 chegou a Francia e en poucos anos colonizou todo o suroeste do país, chegando ata Gipuzkoa e Navarra en 2010.

Aliméntase de néctar das flores e de froita madura, e a proteína obtéñena das abellas
melíferas e doutros insectos que captura, pero o efecto mais daniño prodúcese sobre as abellas, pois se lle considera un gran depredador das mesmas.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...