InicioMedio Ambiente e PatrimonioCrean un parque forestal en Ponteareas para protexer e recoller os moroteiros

Crean un parque forestal en Ponteareas para protexer e recoller os moroteiros

O parque da Picaraña ten 34 hectáreas nas que se levou a cabo un programa de eliminación da acacia, plantación de frondosas e un novo roteiro de sendeirismo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O parque forestal da Picaraña, en Ponteareas, é xa un referente na protección dos érbedos ou moroteiros, das bolboretas e da paisaxe galega. Trátase dun espazo de 34 hectáreas nos que o concello e a Deputación de Pontevedra investiron 68.000 euros para crearnovos equipamentos de lecer na natureza.

Así, executáronse en case 12 hectáreas traballos de eliminación da Acacia melanoxylon, unha especie invasora prexudicial para a biodiversidade e os ecosistemas do parque. Ademais, creouse unha área cortalume ao longo de estradas e pistas forestais con plantación de frondosas en case 3 hectáreas e realizáronse traballos de poda e roza noutra hectárea e media.

Pero unha das actuacións máis novidosas para a mellora e difusión dos valores ambientais consistíu na roza de matogueira en máis de 16 hectáreas do erbedal da Picaraña. O érbedo ou moroteiro é unha especie moi singular no parque forestal que está presente en forma de bosque arbustivo nunha ladeira da Picaraña. 

MONTE DE ÉRBEDOS

Entre outubro e decembro recóllese o seu froito coñecido como morote ou amorodo, redondo e de cor vermella, cun suculento interior de cor laranxa intensa e utilizado para producir xeleas e marmeladas ademais de aromatizar licores.  Ademais da roza realizada para previr lumes forestais e reducir riscos de enfermidades, tamén se instalou un panel divulgativo ao pé do roteiro de sendeirismo dos Penedos da Picaraña para dar a coñecer este valor natural. 

A BOLBORETA DIURNA MÁIS GRANDE DE EUROPA

Neste ecosistema habita a bolboreta diurna de maior tamaño de Europa, a bolboreta do érbedo (Charaxes jasius), de catro colas, que forma parte do logotipo do parque forestal. Trátase dun dos insectos máis bonitos da península ibérica. Na súa fase de eiruga aliméntase exclusivamente de follas de érbedo e por iso a súa presenza está ligada á do moroteiro.

O Concello de Ponteareas destaca tamén que neste espazo creouse o “Roteiro dos Castros” para a práctica do sendeirismo cun percorrido de 3 km que discorre por diferentes zonas arqueolóxicas do parque forestal. O roteiro iníciase no alto das Rabadeiras e conclúe nas Chans da Picaraña.

Con estas actuacións o goberno municipal, Deputación e comunidades de montes estamos convertendo espazos que estiveron abandonados durante décadas, en lugares coidados, protexidos ambientalmente e de grande atractivo para o desfrute da veciñanza en contacto coa natureza”, destaca a concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo.

ÚLTIMAS

Sancionados varios locais de lecer nocturno en Vigo por drogas e permitir fumar

Un dispositivo conxunto formado pola Policía Nacional, a Policía Local e a Inspección de...

A acusación do accidente do Saltamontes critica que os investigados “bótanse as culpas”

Unha das acusacións personadas na causa polo accidente mortal da atracción Saltamontes, ocorrido en...

O Val Miñor érguese novamente en contra da construcción de catro parques eólicos na Groba

Colectivos culturais e medioambientais que traballan na defensa da Serra da Groba presentaron alegacións...

A Xunta anuncia 2.000 vivendas no parque Ofimático de Vigo, 35 para expropiados

A Xunta de Galicia prevé que as obras de construción de vivendas e as...