InicioMedio Ambiente e Patrimonio"Ecomapa 2026" destapa máis de 800 "puntos negros" no arboredo urbano de...

“Ecomapa 2026” destapa máis de 800 “puntos negros” no arboredo urbano de Vigo e Baiona

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un total de 873 alcorques con deficiencias foron localizados en Vigo e Baiona durante a fin de semana do 3 e 4 de outubro no marco do proxecto de mapeo cidadán “Ecomapa 2026”. A iniciativa, promovida a nivel estatal por colectivos como Alianza por el Clima e Greenpeace, contou a nivel local coa participación de 11 voluntarios de Amigas das Árbores, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace e Vigo Histórico.

Segundo os datos recollidos polos activistas, que estiman ter cuberto o 70% do casco urbano, a distribución dos problemas detectados nas dúas vilas galegas atinxen a alcorques asfixiantes, con 508 dispositivos onde o chan arredor do tronco está selado con formigón ou resina, ou onde o espazo é insuficiente para o crecemento da árbore. Tamén hai 224 alcorques con tocón, entre os que destacan 67 tocóns localizados no Castro, froito de “arboricidios recentes” e documentaron 141 ocos na beirarúa sen ningún tipo de exemplar.

Coa extrapolación destes datos ao 100% do territorio, as asociacións calculan que Vigo precisa repoñer un total de 1.000 árbores e Baiona preto de 100 nas localizacións analizadas. Ademais, alertan de que dende 2011 Vigo perdeu 12.543 exemplares de gran porte, moitos deles substituídos por variedades ornamentais de tipo “chupa chups” que non achegan sombra nin combaten eficazmente o cambio climático.

Os colectivos anunciaron que trasladarán de xeito inminente estes informes aos respectivos concellos. Reclamarán a aprobación dun Plan de infraestruturas verdes urbanas que libere as árbores asfixiadas, repoña os exemplares perdidos e axude a frear o efecto de “illa de calor” nos centros urbanos. Os datos completos atópanse dispoñibles de xeito público a través da web ecomapa.org.

ÚLTIMAS

Do voto dos emigrantes ao voto da diáspora: como mudou o sufraxio exterior en Galicia

Durante décadas, o voto exterior galego funcionou cun sistema no que a Administración enviaba...

A Nao Santa María chegará por primeira vez a Vigo e poderá visitarse durante dez días

A Nao Santa María visitará por primeira vez na súa historia o porto de...

PP ve o adianto electoral a “mellor para España” e BNG cre que é unha “oportunidade” de “apoio masivo”

O PP de Vigo cre que o adianto electoral anunciado por Pedro Sánchez este...

Eleccións.- Caballero afirma que o PSOE “sae a gañar” e acusa a Feijóo de non resolver o problema da vivenda

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, vaticinou que a oposición terá "castigo" por ser...