InicioVigo e contornaVigoPiden ao Concello de Vigo que as obras no nacemento do río...

Piden ao Concello de Vigo que as obras no nacemento do río Lagares non afecten a contorna

Tras denuncialo ante o Concello, a asociación lamentou que se estean cortando varias árbores, o que está a xerar unha "importante preocupación veciñal".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación de Veciños e Empresarios do barrio vigués de Cabral (Aveeca) pediron este xoves ao Concello de Vigo medidas para que as obras que se están levando a cabo na área de protección do nacemento do río Lagares non afecten a contorna.

Nun comunicado, a entidade alertou sobre a execución destes traballos polo seu “previsible impacto ambiental”. Tras denuncialo ante o Concello, a asociación lamentou que se estean cortando varias árbores, o que está a xerar unha “importante preocupación veciñal”.

Aveeca teme que as obras non conten coa preceptiva licenza ou que os operarios estean a se exceder dos termos dun hipotético permiso.

“Dado o notable valor natural desta paisaxe e o risco de que estas actuacións o poidan danar ou modificar de forma moi sensible, solicítase ao Concello que adopte, de ser o caso, as medidas necesarias para paralizar os traballos e devolver a contorna ao seu estado orixinal“, demandou.

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...