InicioMedio Ambiente e PatrimonioRetiran do Tea miles de quilos de lixo polas xornadas de Limpeza...

Retiran do Tea miles de quilos de lixo polas xornadas de Limpeza Simultánea dos Ríos Galegos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un ano máis a asociación Lazoiro sumouse este domingo 30 de setembro á Limpeza
Simultánea dos Ríos Galegos, impulsada polo Proxecto Ríos e que tivo lugar dende a
desembocadura do Tea até o Cordeiro, na parroquia de Alxén.

Lazoiro comezou con esta iniciativa o ano 2014 e dende entón xa van VI edicións -un ano
fíxose dúas veces- onde retiráronse un total de 1200 quilos de lixo no río Tea ao seu paso por Salvaterra, só nos treitos onde se realiza a limpeza, polo que dende Lazoiro destacan que “esta cantidade permítenos facer unha estimación aproximada de lixo “superficial”, tendo en conta que teríamos que chegar ata Ponteareas para concluír todo o treito”.

Ademais dos obxectos habituais atopados, como son os plásticos e arames, nesta edición
destacan as rodas -unha delas de camión-, pezas de ferro e moito lixo diverso. Dende Lazoiro queren resaltar a participación cidadán que houbo, en especial pola xente máis
nova, que puideron aprender a coñecer de forma directa a importancia de conservar o noso
entorno. Implicándose tamén na posterior análise das augas e demais factores que serán enviados ao Proxecto Ríos para publicar no informe anual sobre o Estado dos Ríos Galegos.

O concello de Ponteareas colaborou tamén un ano máis con ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia), tal e como vén facendo dende 2015. Este domingo 30 de setembro celebrouse a xornada “Móllate polos ríos” simultáneamente en medio cento de concellos de toda Galicia.

Limpeza do Tea en 2017/ Asociación Lazoiro

En Ponteareas os voluntarios implicados amosaron o seu compromiso co río Tea retirando todo o lixo posible. A plataforma animou a todos e todas a participar nesta limpeza simultánea de ríos que chega xa a súa novena edición. Nestes anos, coa participación de ducias de voluntarios, retiráronse varias toneladas de lixo.

“É unha xornada de concienciación que ademáis pon en valor a importante labor do voluntariado medioambiental e a relevancia dun río como o Tea, incluído no espazo Rede Natura 2000, que vertebra o noso concello, sendo non só un atractivo turístico se non tamén unha riqueza natural ” manisfestou o alcalde.

ÚLTIMAS

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...