InicioMedio Ambiente e PatrimonioEcoloxistas en Acción denuncia o alto impacto medioambiental dos cruceiros atracados en...

Ecoloxistas en Acción denuncia o alto impacto medioambiental dos cruceiros atracados en Vigo

A organización ecoloxista ve incompatible o turismo de megacruceiros coa declaración do centro de Vigo como Zona de Baixas Emisións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ecoloxistas en Acción denuncia que a chegada o 19 de setembro de cinco transatlánticos a Vigo con 15.000 turistas a bordo supón un “despregamento dun turismo insustentable e agresivo co medio ambiente”. Doutra parte, sinalan que as previsións apuntan que o porto vigués superará as cen escalas e os 250.000 visitantes, sobordando as medias anuais dos últimos anos con 75 escalas por ano e 160.000 pasaxeiros.

Ecoloxistas en Acción Rías Baixas analiza este incremento na actividade de cruceiros como incompatible coa protección da saúde e o medio ambiente. Considera que este tipo de turismo xenera altas emisións contaminantes (SO2, NO2 e partículas ultrafinas). Tamén é vista como unha actividade extractivista polo uso intensivo de recursos naturais como auga. A isto engaden a explotación industrial que causa enormes impactos sobre as poboacións destinatarias e aos ecosistemas litorais e mariños, como os frecuentes alcances a cetáceos.

Cómpre lembrar que o peirao de trasantlánticos está situado nunha área que será incluída nunha Zona de Baixas Emisións en cumprimento da Lei de Cambio Climático, polo que esta actividade altamente emisora é incompatible con esta declaración.

Ecoloxistas en Acción esixe a declaración do Atlántico Norte como zona ECA de baixas emisións, é dicir, como zona de control de emisións tanto de óxidos de xofre como óxidos de nitróxeno e partículas, tal como se fixo co SO2 recentemente co mar Mediterráneo.

“Denunciamos tamén a operación de maquillaxe verde dos cruceiros e os portos con falsas solución tecnolóxicas como o gas natural licuado, o biometano ou o hidróxeno verde, que ademais de ser inviables, terían enormes impactos climáticos, sociais e ecolóxicos”, sinala Xaquín Pastoriza, coordinador do grupo Rías Baixas de Ecoloxistas en Acción.

Expresan o seu rexeitamento aos plans de ampliacións de peiraos mediante recheos no mar como os anunciados pola Autoridade Portuaria de Vigo. Así mesmo instan ás administracións autonómicas e locais a situarse ao lado da cidadanía e o interese común, en virtude das súas competencias sobre medio ambiente, saúde e turismo,empregando todos os medios dispoñibles para oporse ás ampliacións portuarias e ao turismo de cruceiros nas nosas cidades.

Ecoloxistas en Acción apunta que o turismo de cruceiros é unha actividade que pon en risco a calidade de vida e a saúde do planeta, creando enormes desigualdades nun contexto de fonda crise ecosocial e enerxética, que só favorece aos catro oligopolios que controlan o mercado global e que “acumulan beneficios cada ano a costa da evasión fiscal, a saúde, o planeta e a explotación laboral”. Asemade, fan un chamamento especial á cidadanía para que tome conciencia dos impactos do turismo de cruceiros e en xeral do turismo de masas baseado na hipermobilidade

ÚLTIMAS

Vigo reclama finalmente a Audasa 120.000 euros polo IBI de 2023, cando finalizou a exención “franquista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamoulle finalmente a Audasa 120.000 euros polo Imposto...

Balaídos gañará 721 asentos máis na bancada de Gol: case 600.000 euros extra para ampliar o aforamento

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a Xunta de Goberno Local deste...

Un ano de cárcere para o administrador dunha empresa de Vigo pola morte dun empregado

O administrador dunha empresa de subministracións navais de Vigo aceptou un ano de prisión...

Abanca reúne ás principais asociacións da Ría de Vigo para escoitar as súas peticións e ofrecer solucións

Abanca materializou o seu apoio ao sector do mar coa celebración dun encontro especializado...