InicioVigo e contornaO PorriñoO PP recupera a Alcaldía do Porriño ao non sumar maioría a...

O PP recupera a Alcaldía do Porriño ao non sumar maioría a esquerda e absterse UDDL

Abstívose o único concelleiro de UDDL, Manuel Carrera.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PP recuperou a Alcaldía do Porriño tras seis anos nos que estivo liderada polo PSOE ao non sumar maioría a esquerda e absterse o único concelleiro de UDDL, Manuel Carrera, e un mes despois da dimisión da que repetiu como rexedora en 2019, a socialista Eva García de la Torre.

Tras unha votación secreta realizada no pleno de investidura, celebrado na tarde deste xoves, o portavoz do PP na corporación municipal, Manuel Alejandro Lorenzo, asumiu a Alcaldía cos votos do oito concelleiros do seu grupo.

Ao depositar o seu voto na urna, o edil de UDDL explicou que o seu voto foi unha abstención ao non presentarse como candidato o socialista David Alonso, a quen na súa intervención sinalou como “a única persoa que pode facer fronte aos problemas do Porriño”. Pola súa banda, a candidata socialista, Lourdes Moure, solicitou oito votos, os catro do seu grupo, os dous do BNG e os dous das edilas de EU-SON.

Aínda que ambos os candidatos solicitaron o mesmo número de apoios, o popular Alejandro Lorenzo foi investido ao obter máis votos o seu partido nas pasadas eleccións municipais.

Esta situación prodúcese despois de múltiples enfrontamentos entre EU-SON e Eva García de la Torre, que levaron a que a primeira formación acordase facilitar unha moción de censura do PP. Para evitar que prosperase, o pasado mes a que fose rexedora desde 2015 presentou a súa dimisión.

ÚLTIMAS

O histórico Teatro Fraga de Vigo volverá á vida: case 20 millóns de euros para unha reforma que comezará en 2027

O Consello da Xunta autorizou este luns a licitación das obras de restauración do...

“O sábado foi un día histórico en Vigo”, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que a ocupación hoteleira na...

Abanca estrea as súas novas instalacións corporativas en Vigo cun investimento que supera os 25 millóns de euros

Abanca estreou este luns, 16 de novembro, as súas novas instalacións corporativas en Vigo,...

O Nadal de Vigo publicitarase en Londres, París, Nova York e Lisboa

O Concello de Vigo despregou a súa habitual campaña publicitaria a través de mupis...