InicioCulturaO XVIII Festival de Cans estreará un filme da vida de Buñuel...

O XVIII Festival de Cans estreará un filme da vida de Buñuel a partir de estudos de Ian Gibson

As entradas para os filmes están limitadas a 75 persoas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A XVIII edición do Festival de Cans acollerá a estrea da película ‘Onde acaba a memoria‘, na que se narran as pescudas do historiador Ian Gibson sobre a vida do director español Luís Buñuel. O cineasta vigués Pablo Romeo-Fresco estréase como director nesta longametraxe.

Así o adiantou a presidenta da Asociación Cultural Arela –promotora do evento–, Keka Losada, na presentación do festival este mércores en Santiago de Compostela. A única longametraxe presente no evento estrearase o 3 de setembro ao oito e media da tarde no Centro Cultural Municipal do Porriño. Na estrea, prevese que este presente Ian Gibson.

Con respecto ao filme, o seu director afirmou que, a pesar de non ser unha película en galego, ten “un compoñente galego de principio a fin” e admitiu que é un proxecto no que leva traballando máis de nove anos.

Ademais, nela conxúganse acción e música. Os creadores musicais, Xavi Font e Elba Fernández, aseguraron que a música ten unha “vocación de acompañamento” ao estar dividida en tres actos, de igual maneira que a obra.

O RESTO DE ACTIVIDADES, HORARIOS E AFORAMENTOS

Por outra banda, hai programadas outras actividades como a ‘Tarde Coira’, celebrada xusto antes da estrea de ‘Onde acaba a memoria’. Esta sección dedícase ao cineasta galego Jorge Coira e nela, debuta a película documental ‘Beiras, vivir dúas veces’, sobre o histórico nacionalista Xosé Manuel Beiras.

Para todas as actividades haberá restricións de aforamento e poderase acceder a elas con entrada ou inscrición previa. Nesta liña, Keka Losada anunciou que as inscricións para poder visionar os proxectos sairán á venda na páxina web do festival este xoves 15 de xullo ás 10 da mañá.

Tanto para visionar ‘Onde acaba a memoria’ como ‘Beiras, vivir dúas veces’ haberá un total de 75 entradas en cada unha delas por motivos de aforamento.

Así mesmo, este xoves ás 10 da mañá saen á venda tamén os packs de entradas para a sección de ficción e animación, que inclúen a camiseta cun novo deseño, unha chapa, o catálogo do evento e unha entrada. Ofrecerase unha tirada de 100 packs pola mañá e outra de 100 pola tarde e cada lote custará 21,50 euros.

Ademais, a directora da Asociación Cultural Arela, Keka Losada, aclarou que lles gustaría poder celebrar o festival no mes de maio do ano que vén. Cabe lembrar que as datas usuais de celebración de Cans eran aquelas coincidentes co Festival de Cannes, en Francia, a finais de maio.

O NOVO DESEÑO

Keka Losada tamén fixo fincapé en que este ano o festival “cumpre a maioría de idade”, ao tratarse da XVIII edición. Por este motivo, a organización quixo facer un deseño acorde ao número da edición.

O equipo da empresa Nikis Galicia é o encargado do deseño de cada ano. Para este ano, os deseñadores de Nikis, Cristina Garre e Marcos Martin, combinaron dous elementos que se relacionan de forma directa co festival do 2021.

Por unha banda, aparecen dous rombos que identificaban na televisión dos anos 90 un código de regulación de contidos –a dupla de rombos indicaba que un programa non era apropiado para menores de 18 anos–.

Doutra banda, os rombos adquiren a textura das uralitas presentes nos galiñeiros, ademais dunha preto de fondo propia dos currais. Por último, os deseñadores fixeron referencia ao can, símbolo do festival en todas as edicións, que exhibe “orgulloso” un colar co número 18.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...