InicioSociedadeBaixan os hospitalizados na áea de Vigo e os novos contaxios son...

Baixan os hospitalizados na áea de Vigo e os novos contaxios son xa residuais

Só hai un contaxiado en unidades UCI.

PUBLICADO O

Galicia comeza a semana na que está previsto que salga da emerxencia sanitaria pola Covid-19 con 21 novos contaxios –cinco menos que a xornada anterior– e 36 pacientes ingresados –un máis–, mentres que os casos activos descenden a 431 –doce menos– e a taxa de positividade mantense nun 0,51 por cento.

Segundo os datos actualizados este luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo, as persoas hospitalizadas pola Covid en UCI aumentan a nove –unha máis– e seguen 27 ingresados noutras unidades, mentres que 395 permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a situación alivisase lixeiramente na de Vigo, na que segue un hospitalizado en críticos e descenden a sete os doutras unidades –un menos–.

CASOS EN DESCENSO

Esta semana comeza cos casos activos de Covid-19 de novo en descenso, e sitúanse en 431, ao haber máis altas (33) que contaxios (21), o que supón 12 menos que a xornada anterior. As infeccións activas reducense en Vigo (-1), que queda con 79 contaxiados.

BAIXAN OS NOVOS CONTAXIOS

Tamén esta semana comeza cun descenso dos contaxios con respecto ao peche do fin de semana con 21, que implican cinco menos que os 26 deste domingo e sete por baixo dos 28 do sábado. O luns pasado rexistráronse 14, a cifra máis baixa desde que Galicia entrou en niveis de ‘nova normalidade’.

Estes 21 novos positivos foron confirmados nas últimas 24 horas a través de Probas de Detección de Infección Activa, deles, dous, na área de Vigo. 

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...