InicioEconomíaPonteareas concentra máis de 21 millóns de euros de investimentos estatais para...

Ponteareas concentra máis de 21 millóns de euros de investimentos estatais para “un futuro máis verde”

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, destacou este mércores que o Executivo central "aposta no presente pola Ponteareas do futuro, un futuro máis verde, dixital e xusto.

PUBLICADO O

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, destacou este mércores que o Executivo central “aposta no presente pola Ponteareas do futuro, un futuro máis verde, dixital e xusto” para o que achega investimentos de máis de 21,5 millóns de euros.

Así o defendeu na súa visita ao municipio, onde tamén puxo en valor o compromiso do Goberno “co municipalismo e as grandes vilas galegas, que se exemplifica en Ponteareas a través de proxectos dirixidos a “mellorar a seguridade viaria, a calidade ambiental, a transición enerxética e a conectividade dixital dos seus habitantes e empresas”.

O representante do Goberno en Galicia reuniuse esta mañá coa alcaldesa de Ponteareas. Alí, tal e como explican nun comunicado, reivindicou as actuacións no marco da transición enerxética cunha dotación de case cinco millóns de euros do Ministerio para a Transición Enerxética para nove proxectos “que apuntan a transformación verde do municipio”.

Tres destes proxectos, detallan, permitirán a substitución da iluminación pública da zona rural por un novo sistema de iluminación led máis eficiente e con menor gasto eléctrico. Outros proxectos van tamén nesta liña, con melloras nas cubertas e no illamento exterior de distintos edificios municipais ou a instalación dun sistema de xeración de enerxía con uso de biomasa.

No que respecta á calidade ambiental, o delegado apuntou que o Ministerio, neste caso a través da sociedade Acuaes, aborda con case 13 millóns de euros a modernización integral do sistema de depuración e tratamento de augas residuais do municipio, “clave para garantir a saúde ambiental tanto da localidade como da comarca do Condado”.

Neste caso farase mediante dous proxectos: a construción da nova depuradora (oito millóns de euros), que xa foi adxudicada e que se atopa en fase de redacción do proxecto, e a rede de colectores (cinco millóns de euros), que está en fase de contratación.

OUTRAS ACTUACIÓNS

Doutra banda, Miñones tamén destacou que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana “continúa traballando” para a materialización da reforma da travesía da N-120 en Ponteareas, que incluirá as dúas rotondas solicitadas polo Goberno local. O próximo paso do proxecto é a súa aprobación definitiva, de forma previa á súa contratación.

En canto á transición dixital, o delegado explicou que se favorecerá a conectividade en Ponteareas a través do programa UNICO-Banda Ancha, impulsado polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.

“Grazas a esta iniciativa, estenderemos a banda ancha ultrarrápida a 219 zonas para que 876 vivendas e empresas do municipio teñan acceso a internet de moi alta velocidade”.

Tamén neste ámbito, na reunión abordaron a preasignación de 158.825 euros do Ministerio de Política Territorial para que o Concello poida impulsar a transformación dixital da administración local. Trátase de fondos que o municipio poderá destinar a proxectos de accesibilidade dixital, desenvolvemento de apps para a xestión local e modernización da atención á cidadanía, entre outros.

Por último, o delegado tamén felicitou ao Concello pola concesión de 1,5 millóns de euros do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo ao Plan de Sustentabilidade Turística Condado Paradanta-Destino Enogastronómico, do que forma parte Ponteareas.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...