InicioEconomíaCGT denuncia que Renfe non programou reforzos nos primeiros trens de Vigo...

CGT denuncia que Renfe non programou reforzos nos primeiros trens de Vigo e “ducias de viaxeiros quedaron en terra”

"Algúns tiveron que pagar o prezo do billete para poder viaxar ata Santiago no Alvia Urzaiz-Madrid das 9,20, aínda que tiñan bono recorrente", critica o sindicato.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sindicato CGT asegura que Renfe non programou reforzos nos primeiros trens con saída de Vigo na mañá deste luns, co que “ducias de viaxeiros quedaron en terra por non ter prazas”.

Os convois, apunta a central sindical, circularon “con capacidade normal”. “Sen reforzar con outra composición e así circular ofertando o dobre de prazas”, precisa.

En concreto, os trens con saída de Vigo ás 6,40, ás 8,00, ás 9,13 e ás 11,00 horas “circularon completos, impedindo que viaxeiros de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía puidesen coller o tren para o desprazamento programado para hoxe (por este luns)”, apunta.

Algúns tiveron que pagar o prezo do billete para poder viaxar ata Santiago no Alvia Urzaiz-Madrid das 9,20, aínda que tiñan bono recorrente, xa que este tren de longa distancia non permite a formalización deste tipo de billetes gratis”, explica CGT.

A organización ve “incomprensible” que Renfe “non programase ningún tren de mañá en dobre composición, a pesar de que hoxe, día 5, esperábase unha afluencia importante de persoas que ían utilizar o ferrocarril”.

Subliña que “o problema se centrou no corredor atlántico sentido Vigo-Compostela e a falta de prazas repercutiu aos cidadáns de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía que quixeron desprazarse a Compostela ou A Coruña, que se atoparon cos trens cheos e sen prazas á venda, xa que a relación A Coruña-Santiago, principal fluxo de viaxeiros no sentido A Coruña-Vigo, ten moitas máis circulacións, o que impide que se enchan os trens na súa totalidade”.

Segundo CGT, estaban en circulación 15 trens de Media Distancia entre A Coruña e Santiago fronte aos 10 entre Vigo-Pontevedra e Santiago, entre as 5,00 e as 15,00 horas, “en clara desvantaxe”.

Por iso, reclama a Renfe e ao ministerio “que reforce os trens de maior afluencia de viaxeiros e repoña os suprimidos pola pandemia”.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...