InicioEconomíaO PSdeG pide á Xunta que envíe á administración concursal de Barreras...

O PSdeG pide á Xunta que envíe á administración concursal de Barreras informes técnicos que avalíen as ofertas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O portavoz de Industria do grupo parlamentario socialista, Martín Seco, pediu á Xunta que envíe á administración concursal de Hijos de J. Barreras informes técnicos que avalíen as ofertas presentadas polas empresas que optan á compra do estaleiro vigués, despois de presentar unha batería de iniciativas neste sentido na Cámara galega.

“A Xunta de Galicia, con competencias en materia de industria e emprego, debe apoiar a reivindicación realizada polos sindicatos e polas empresas e asociacións do sector”, reivindicou o dirixente socialista.

Martín Seco pediu ao Goberno galego que “avalíe e cuantifique” as propostas presentadas, tanto en materia industrial como en material laboral, co obxectivo de “dar continuidade á actividade industrial e garantir o emprego existente”. Neste marco, o parlamentario instou á Xunta a “apostar pola continuidade do estaleiro“, así como pola “aplicación dun plan de futuro que asegure unha carga de traballo suficiente como para garantir o mantemento do emprego propio e do emprego da industria auxiliar”.

“É necesario un proxecto industrial fiable e con garantías que dea estabilidade ao sector despois dos bandazos que leva dando o estaleiro”, subliñou Seco.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...