InicioEconomíaAdxudicadas as obras dunha pasarela peonil para o Camiño Portugués no Porriño

Adxudicadas as obras dunha pasarela peonil para o Camiño Portugués no Porriño

Tal como informou o Goberno nun comunicado, esta actuación enmárcase nas previsións do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para mellorar as condicións de seguridade de usuarios vulnerables das estradas do Estado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana adxudicou a construción dunha pasarela peonil para o Camiño de Santiago Portugués no Porriño por un importe de 233.741 euros.

Tal como informou o Goberno nun comunicado, esta actuación enmárcase nas previsións do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para mellorar as condicións de seguridade de usuarios vulnerables das estradas do Estado.

A pasarela ten por obxecto establecer un itinerario seguro que permita o paso dos peóns, principalmente peregrinos, sobre o ramal entre a autovía A-52 e a estrada N-550. Esta actuación permitirá suprimir o actual itinerario, consistente nun cruzamento en superficie que xera situación de inseguridade por mor da escasa visibilidade”, explicou o Executivo central.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...