InicioEconomíaChaman a manifestarse en Vigo en defensa do naval e do sector...

Chaman a manifestarse en Vigo en defensa do naval e do sector industrial

A CIG denuncia a "desertización industrial" da comarca.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Unión Comarcal da CIG en Vigo fixo un chamamento á participación na manifestación prevista para este mércores na cidade, e que sairá ás 18,00 horas do cruzamento da Dobrada (para acabar no Farol de Urzáiz), en defensa do sector naval e para denunciar a “desertización industrial” da comarca.

Segundo lembrou o sindicato nacionalista, só na cidade de Vigo hai na actualidade 5.400 empregos industriais menos que en 2009 e, “só no último ano”, destruíronse uns 2.500 postos de traballo neste sector económico.

Segundo a CIG, “esta situación ten causas e tamén responsables”, e sinalou directamente a Xunta pola “falta de política industrial”, á vez que advertiu de que “o futuro de Vigo será industrial ou non será”. “Como país non podemos permanecer impasibles ante o continuo retroceso do verdadeiro pulmón industrial que foi historicamente esta área”, subliñaron desde o sindicato.

A CIG insistiu, ademais, en que existe “un risco real” de que o sector naval “acabe desaparecendo”, tendo en conta a situación de estaleiros como Barreras (sen carga de traballo e endebedado) ou Vulcano (a piques de perder a concesión portuaria), e iso malia que chegou a ter, xunto coa industria auxiliar, case 10.000 traballadores.

Respecto diso, volveu pedir a intervención pública directa neses estaleiros, “ante a incapacidade do capital privado para pór en marcha as enormes potencialidades do sector naval”.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...