InicioEconomíaAbel Caballero pídelle a Feijóo que reparta os fondos covid aos concellos:...

Abel Caballero pídelle a Feijóo que reparta os fondos covid aos concellos: “Xa o dí a Constitución”

Lémbralle que Madrid, Andalucía ou Castela e León "proporcionaron recursos aos seus concellos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a reclamar este martes á Xunta que transfira aos concellos o 15 % dos ‘fondos Covid’ que recibiu do Goberno de España, e advertiu de que a obrigación de financiar ás entidades locais por parte dos gobernos autonómicos está recollida na Constitución.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico criticou que o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, “di que non vai dar ningún recurso aos concellos de Galicia, nin apoios aos hostaleiros e comerciantes”, e volveu a insistir en que a Xunta “fai caixa” cos recursos que lle enviou o Executivo central porque “recibe máis recursos dos que achega”.

Abel Caballero, cun exemplar da Constitución na man, lembrou que o artigo 142 da Carta Magna establece que as facendas locais deberán dispor de medios suficientes para desempeñar as súas funcións, e incidiu en que deben financiarse con tributos propios e coa participación nos ingresos tanto do Estado como das propias Comunidades Autónomas.

“Xa o dí a Constitución, que debemos ser financiados tamén desde as Comunidades Autónomas e en circunstancias excepcionais, como esta pandemia de Covid-19, téñennos que financiar“, proclamou o alcalde.

Por outra banda, Caballero lembrou que outras comunidades, como Madrid, Andalucía ou Castela e León “proporcionaron recursos aos seus concellos” para afrontar a crise derivada da pandemia. “E vostede, Feijóo, non achega nin aos concellos, nin aos hostaleiros, nin ao comercio…todo á caixa”, censurou o alcalde de Vigo.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...