InicioEconomíaO Goberno de Vigo anuncia en abril o programa de actividades de...

O Goberno de Vigo anuncia en abril o programa de actividades de Nadal

Inclúe o mercado con 50 casetas de venda, nora xigante, parque de lecer, atraccións recreativas, rampla de xeo, iluminación, decoración e tren turístico, entre outras actividades.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Goberno de Vigo aprobou o programa de actividades da festa de Nadal que se desenvolverá entre novembro de 2021 e xaneiro de 2022, no que contará con mercados temáticos, atraccións recreativas e infantís, casetas de venda, unha nora “xigante”, pistas de xeo e un tren turístico.

Así o comunicou este xoves o alcalde, Abel Caballero, tras a aprobación deste programa, no que tamén se acorda que se promoverá unha convocatoria para “captar propostas atractivas e preferiblemente de carácter innovador” ambientadas no Nadal, como espectáculos de inverno, atraccións 3D, talleres infantís e atraccións acuáticas.

Estas actividades desenvolveranse nos espazos dispostos en Teis, Bouzas, Travesas, Berbés, Coia, Praza de Portugal e Praza Elíptica. Con esta planificación, destacou Caballero, facilítase “a transparencia e a participación cidadá nos proxectos”.

Así mesmo, o Goberno tamén iniciará un procedemento administrativo para pór en marcha trens turísticos que oferten distintos percorridos pola cidade; así como para dispor atraccións recreativas como carruseis, un tren infantil, pista de xeo e pista de karts.

A programación municipal aprobada volve incluír o mercado Cíes Market, con 50 casetas de venda, nora xigante, parque de lecer, atraccións recreativas, rampla de xeo, iluminación, decoración e tren turístico. Así mesmo, recolle o mercado temático de Nadal no Calvario, cun mínimo de 10 casetas de venda, decoración, iluminación e actividades de animación.

Finalmente, o Concello contempla a realización de actividades e espectáculos de animación sociocultural, como concertos e un circo temático de Nadal, para o que tamén abrirá un concurso público por concorrencia competitiva.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...