InicioEconomíaO estaleiro Rodman Polyships entrega dúas lanchas de instrución á Armada Española

O estaleiro Rodman Polyships entrega dúas lanchas de instrución á Armada Española

Serán utilizadas como lanchas de instrución na Escola Superior de Especialidades da Estación Naval da Graña.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O estaleiro galego Rodman Polyships entregou á Armada Española dúas lanchas de instrución do modelo Rodman 66 redeseñadas de acordo cos requirimentos técnicos e de funcionalidade esixidos polo armador para permitir a mellor adaptación á finalidade para a que se empregarán.

As Rodman 66 foron bautizadas como ‘M.M. Bustelo Pavón’ e ‘M.M. Pérez Verdú’ e o seu porto base situarase en Ferrol. En concreto, foron encargadas por Navantia, que as cedeu á Armada Española para que operen como lanchas de instrución na Escola Superior de Especialidades da Estación Naval da Graña (Esengra).

Segundo detallou o estaleiro, representantes de Navantia e a Armada Española mostráronse satisfeitos coas embarcacións e as súas prestacións, que comprobaron durante as probas oficiais e o acto de entrega, celebrado nas instalacións de Rodman Polyships en Meira, en Moaña.

Así, destacou que a entrega deste novo modelo de patrulleira consolida a súa posición como “un dos líderes mundiais na construción de embarcacións profesionais en PRFV”.

Deste xeito, resaltou que os barcos profesionais e embarcacións de recreo que se constrúen nas súas instalacións “son recoñecidos e altamente valorados polos armadores máis esixentes”, ademais de por “organizacións e administracións gobernamentais de todo o mundo”.

CARACTERÍSTICAS

O modelo Rodman 66 de patrulleiras de vixilancia costeira conta con 20 metros de eslora e, neste caso, adaptouse ás necesidades do seu novo armador mediante a súa conversión nunha lancha de instrución de 20,5 metros de eslora e 4,9 metros de manga.

As lanchas deseñáronse para que operen en zonas próximas ao litoral español e realicen tarefas de instrución dos alumnos da Esengra. Así, estimouse unha vida mínima activa de 20 anos no desenvolvemento e construción das embarcacións, un período durante o que se prevé que se realicen os labores de mantemento precisas.

A construción do casco e a cuberta levouse a cabo con fibras de poliéster reforzado con fibra de vidro e resinas de vinil éster e isoftálicas, homologadas para uso mariño.

Ademais, as embarcacións poden alcanzar velocidades de máis de 20 nós e contan cunha autonomía de 500 millas. Tamén poden operar de noite e sumar ata 16 tripulantes para os que dispoñen de camarotes.

ÚLTIMAS

Ordenan prisión para o home que quixo queimar a casa da súa exmuller en Tomiño coa súa filla dentro

O xulgado de instrución número 1 de Tui acordou o ingreso en prisión provisional,...

Arremeten contra unha xornalista no terceiro intento de desaloxo da casa ocupada na rúa Pardavila

Unha muller que estaba a ser desaloxada dunha casa ocupada desde hai anos en...

A Asociación de Dano Cerebral Alento preparará a tortilla máis grande da historia de Vigo” polo seu 25 aniversario

A Asociación de Dano Cerebral Alento elaborará este sábado a tortilla "máis grande da...

O BNG levará unha moción ao Pleno de Vigo para pedir a condena das “accións genocidas” de Israel en Gaza

O grupo municipal do BNG no Concello de Vigo levará unha moción para o...