InicioEconomíaAsime valora a decisión da Audiencia Provincial sobre a concesión de Vulcano...

Asime valora a decisión da Audiencia Provincial sobre a concesión de Vulcano e espera que sirva “de lección”

A Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia criticara duramente a actitude do Porto de Vigo por recorrer o plan de liquidación do estaleiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime) valorou o auto da Audiencia Provincial de Pontevedra sobre a concesión do dominio portuario do estaleiro Vulcano, e expresou a súa satisfacción porque o tribunal avale que a liquidación da empresa inclúa esa concesión.

A patronal do metal lembrou que defendeu “desde o primeiro momento” que a unidade produtiva do estaleiro debe liquidarse como un todo, para permitir a continuidade da actividade industrial (construción e reparación naval) nesas instalacións do barrio vigués de Teis.

Para Asime, que criticou duramente a actitude do Porto de Vigo por recorrer o plan de liquidación de Vulcano (ao pretender que a concesión retornase á Autoridade Portuaria), “é lamentable que tivese que ser a Audiencia Provincial a que lle ensinou a algúns representantes de institucións e organizacións cal é o camiño para defender a actividade industrial”.

Esta asociación empresarial expresou o seu desexo de que o auto xudicial “sirva de lección” a esas persoas e institucións, aínda que lamentou a “perda irreparable de tempo”.

“Confiamos en que se depuren responsabilidades nos niveis respectivos, e que dunha ver por todas algúns representantes e algunhas institucións aprendan como se defende a actividade industrial e empresarial, e teñan unha visión, como mínimo a medio prazo, do que debe ser unha cidade e unha área industrial”.

Asime sinalou que, se se consegue que “se manteñan as ofertas” polas instalacións, poderase crear emprego no antigo estaleiro Vulcano, aínda que censurou a “falta de defensa do sector” a nivel institucional.

ÚLTIMAS

PP ve o adianto electoral a “mellor para España” e BNG cre que é unha “oportunidade” de “apoio masivo”

O PP de Vigo cre que o adianto electoral anunciado por Pedro Sánchez este...

Eleccións.- Caballero afirma que o PSOE “sae a gañar” e acusa a Feijóo de non resolver o problema da vivenda

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, vaticinou que a oposición terá "castigo" por ser...

O alcalde de Vigo: “Sánchez fará o que mellor lle conveña a España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez,...

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...