InicioEconomíaParo nas autoescolas mércores para denunciar a "precariedade do sector"

Paro nas autoescolas mércores para denunciar a “precariedade do sector”

Haberá unha manifestación rodada en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sindicato de autoescolas da Central Unitaria de Traballadoras (CUT) convocou unha folga para este mércores en toda a provincia de Pontevedra entre as 10 e 13 horas da mañá. Ademais, haberá unha manifestación rodada en Vigo para denunciar “a precariedade que está a vivir o sector”.

En concreto, o sindicato manifestou que existe unha “ausencia absoluta” de control da xornada laboral, que comeza ás oito da mañá e termina máis tarde das dez da noite.

Así mesmo, indicaron que non contan con vacacións nin con recoñecemento de enfermidades por risco laboral, ademais de afirmar que existen autoescolas que “pagan por clase dada”, é dicir, que “se non se presenta o alumno, non cobras”.

Por outra banda, a organización sindical sinalou que mantiveron contacto coa Asociación Provincial de Autoescolas de Pontevedra e que esta non mostrou “o máis mínimo interese en arranxar a situación”, ata o punto, engaden, de “botar a culpa” aos traballadores por “aceptar as condicións” que se lles ofrece.

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...