InicioEconomíaFalece aos 86 anos Luis Zapatero, director da planta de PSA en...

Falece aos 86 anos Luis Zapatero, director da planta de PSA en Vigo nas décadas dos 70 e os 80

Marcou a consolidación da fábrica en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Luís Zapatero, que exerceu como director da planta coa que conta o Grupo PSA Peugeot Citroën en Vigo desde a década dos 70 ata mediados da dos 80, faleceu este domingo en Madrid aos 86 anos.

En concreto, Zapatero, nado na capital española en 1934, comezou a traballar en 1959 en Citroën Hispania, onde exerceu como xefe dos servizos de Mantemento, Persoal e Compras.

Posteriormente, entre a década dos 70 e 1984 dirixiu a planta da empresa na cidade olívica, un labor que desenvolveu en datas marcadas pola reconversión industrial e a crise. Con todo, esta época marcou a consolidación da fábrica en Vigo, na que se realizaron grandes investimentos para incrementar o nivel de produción.

Zapatero abandonou este posto ao converterse en responsable internacional do Plan de Calidade de Citroën. Finalmente, regresou a España en 1986, cando pasou a exercer o seu traballo como director xeneral industrial de Citroën Hispania, posto que desempeñou ata 1998.

ÚLTIMAS

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...

Vigo reclama finalmente a Audasa 120.000 euros polo IBI de 2023, cando finalizou a exención “franquista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamoulle finalmente a Audasa 120.000 euros polo Imposto...

Balaídos gañará 721 asentos máis na bancada de Gol: case 600.000 euros extra para ampliar o aforamento

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a Xunta de Goberno Local deste...

Un ano de cárcere para o administrador dunha empresa de Vigo pola morte dun empregado

O administrador dunha empresa de subministracións navais de Vigo aceptou un ano de prisión...