InicioEconomíaRenovado ata 2022 o convenio con Zona Franca e PSA para a...

Renovado ata 2022 o convenio con Zona Franca e PSA para a aceleradora Business Factory Auto

O obxectivo é o de "consolidar" a aceleradora como "a mellor" da Unión Europea e que Vigo e a súa área sexan "o mellor polo de innovación na automoción" do continente.

PUBLICADO O

O Goberno galego acordou renovar o convenio de colaboración con Consorcio Zona Franca de Vigo, a sociedade VigoActivo, o Clúster de Empresas de Automoción en Galicia (Ceaga) e o Grupo PSA para pór en marcha nos anos 2020, 2021 e 2022 outro tres novas convocatorias da aceleradora de empresas Business Factory Auto (BFAuto).

Así o anunciou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen, na rolda de prensa tras a reunión semanal do seu Executivo, concretou que suporá un desembolso autonómico de máis de 11,1 millóns de euros –o proxecto require un importe global de máis de 13 millóns–.

O convenio, tal e como indicou o titular do Goberno galego, suporá a convocatoria de tres novas edicións da Business Factory Auto, con sede en Nigrán (Pontevedra), nas que se prevé financiar ata 60 novos proxectos dentro da industria 4.0. O obxectivo, valorou, é o de “consolidar” a aceleradora como “a mellor” da Unión Europea e que Vigo e a súa área sexan “o mellor polo de innovación na automoción” do continente.

“GRANDES AVANCES”

No tres edicións xa celebradas, a BFAuto contribuíu á industria da automoción galega con “grandes avances”, tal e como os cualificou Feijóo, en campos como a sensórica, a robótica e a impresión 3D, entre outros.

Neste sentido, a aceleradora permitirá que a finais de 2019, e despois de tres edicións, creáronse 35 empresas, xerado sobre 250 empregos e unha facturación de 33 millóns de euros. “Evidentemente, este é un caso de éxito“, asegurou.

Ademais, segundo datos da Xunta, o 30% das 35 compañías que xa participaron exportan os seus produtos ou servizos. Feijóo tamén destacou a “implicación” do sector da automoción galega, que supón o 14% da produción de vehículos en España, o 25% das exportacións de Galicia e o 13% do emprego industrial da Comunidade con 22.300 postos.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...