InicioEconomíaO Eixo Atlántico lamenta que"a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal está desaparecida"...

O Eixo Atlántico lamenta que”a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal está desaparecida” 30 anos despois do seu nacemento

O seu secretario xeral, Xoán Vázquez Mao, aposta por "refundala".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Eixo Atlántico lamentou que, a piques de chegar ao seu 30º aniversario, “a eurorrexión está desaparecida” e tachou de “publicidade e propaganda” os “logros” que as administracións, especialmente a Xunta, “queren vender” sobre esta eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Así o trasladou a Europa Press o secretario xeral do Eixo, Xoán Vázquez Mao, quen desafiou ao presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, a “dicir resultados concretos da súa xestión como presidente da eurorrexión”, máis aló das xestións que os gobernos centrais de España e Portugal poidan facer, por exemplo, no marco do programa de cooperación transfronteiriza POCTEP, ou do plan de investimentos conxuntos “que elaborou o Eixo Atlántico”.

Segundo criticou Vázquez Mao, a eurorrexión comezou como un proxecto “ilusionante” con González Laxe e, “sobre todo, con Manuel Fraga”, pero “leva 15 anos parada”, nun “declive” que “comezou” con Pérez Touriño, e que Núñez Feijóo “consolidou“. “Habería que refundar a eurorrexión, redefinila e que a Agrupación Europea de Cooperación Territorial sexa unha secretaría executiva”, sinalou.

Finalmente, apuntou que a posta en marcha dunha auténtica vertebración ferroviaria sería un bo modo de impulsar a eurorrexión, e pediu a Xunta e Goberno central “que se deixen de mentiras” sobre a conexión por AVE entre Vigo e O Porto, porque “saben que Portugal non aposta polo AVE“, senón por un tren de altas prestacións, que conecte as principais cidades do arco atlántico.

A ese respecto, instou a ambas as administracións a impulsar o saída sur de Vigo, para conectar coa fronteira portuguesa, un proxecto que “non ten que esperar” para ser incluído no Corredor Atlántico (non podería solicitarse esa inclusión, asegura, ata 2023), e que pode optar a fondos europeos pola súa localización transfronteiriza. “É cuestión de vontade política: que a Xunta o leve ao Consello, que Fomento saque a exposición pública o estudo informativo previo e pedir cofinanciamento da UE”, sentenciou-

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...