InicioEconomíaNavalia contará na súa edición de 2020 coa participación de estaleiros dos...

Navalia contará na súa edición de 2020 coa participación de estaleiros dos Países Baixos, Portugal e Vietnam

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os estaleiros SBA Shipbuilding Asia (procedente de Vietnam e con sede en Reino Unido), Damen Shipyard (Países Baixos) e Navaltagus (Portugal) confirmaron que participarán na oitava edición da feira Navalia, que terá lugar en Vigo en 2020.

Precisamente, un dos principais retos da feira de industria naval da cidade olívica pasa por potenciar a presenza internacional, tal e como transmitiron os organizadores nun comunicado.

O director do evento, Javier Arnau, remarcou se internacionalizará a feira través dos expositores e os visitantes e avanzou que se espera recibir máis confirmacións de participación de estaleiros estranxeiros tras o verán. Así, detallou que se busca que coñezan a industria auxiliar e “aposten por ela como provedores”.

En relación aos visitantes, avanzou que a asistencia a Navalia de delegacións de Cabo Verde, Arxentina, Namibia, Perú e Estados Unidos é moi probable. Ademais, Javier Arnau desprazarase a Marrocos esta semana, onde se reunirá coa Cámara de Comercio de España no país e coa Embaixada española en Casabranca e Rabat. Así, convidarase a participar no evento ao Goberno marroquí, un país que non está en Vigo desde 2014. A este respecto, Arnau apuntou que a frota pesqueira do este reino precisa dunha renovación e que os estaleiros galegos contan con experiencia para levala a cabo.

Así mesmo, a feira naval viguesa participará por primeira vez en Nor-shipping, unha das máis importantes de ámbito mundial, que se celebrará en Oslo do 4 ao 7 de xuño. Mediante o apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación Clúster do Naval Galego (Aclunaga), Navalia asistirá como socia da Cámara de Comercio Hispano Noruega.

Esta entidade comercial agrupa a máis de 7.000 empresas e, a través dela, a feira viguesa busca incrementar a súa relación con compañías do sector para que aposten polas de Galicia e explorar novas oportunidades de negocio.

ÚLTIMAS

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...

O BNG volve pedir a retirada do busto de Juan Carlos I da entrada do Concello de Vigo

O BNG de Vigo volveu a reclamar este luns a retirada "permanente e definitiva"...

Detido en Vigo por ameazar cun coitelo a outro home durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 25 anos de...