InicioEconomíaA CIG pide mellorar a prevención nas canteiras tras o accidente do...

A CIG pide mellorar a prevención nas canteiras tras o accidente do Porriño

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Unión Local da CIG de O Porriño esixiu que se reforce a prevención en materia de saúde e seguridade laboral no sector extractivo tras o accidente ocorrido a semana pasada nunha canteira de Atios. Nun comunicado, o sindicato trasladou a súa solidariedade aos catro traballadores feridos, un deles de gravidade, e avanzou que seguirá con atención tanto a súa evolución como o resultado da investigación para determinar as causas do suceso.

Así, a CIG considera necesario agardar polo resultado destas investigacións para coñecer as causas e as circunstancias en que se produciu o accidente, evitando valoracións ou apuntar responsabilidades de maneira anticipada. Non obstante, recordou que este tipo de actividade presenta riscos laborais de especial gravidade e unha elevada sinistralidade, polo que é “fundamental” manter e reforzar de forma permanente as medidas de prevención e seguridade.

“Este accidente debe servir para seguir avanzando na mellora das condicións de seguridade no sector e para que as administracións competentes reforcen a vixilancia e o control das condicións de traballo nas canteiras e nas explotacións mineiras”, engadiu o sindicato.

ÚLTIMAS

Do voto dos emigrantes ao voto da diáspora: como mudou o sufraxio exterior en Galicia

Durante décadas, o voto exterior galego funcionou cun sistema no que a Administración enviaba...

Medio Ambiente cifra en máis dun 30% a perda de auga en Vigo por fugas en canalizacións

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, cifrou en máis dun...

Luisa Sánchez (PP) acusa a Sánchez de “deixar una lista longa de compromisos pendentes” con Vigo

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, fixo este martes balance da lexislatura...

O BNG pide a Caballero que compense aos veciños que reciclan

O BNG de Vigo reclamou ao goberno municipal que poña fin ao "tarifazo" do...