InicioEconomíaVigo rexeita o recurso de Ryanair e mantén a sanción por reducir...

Vigo rexeita o recurso de Ryanair e mantén a sanción por reducir voos

O Concello reclama máis de 17.000 euros á compañía e investiga se incumpre o contrato de promoción turística

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo confirmou o rexeitamento do recurso de reposición presentado pola aeroliña Ryanair contra a sanción imposta pola supresión unilateral dun voo semanal entre Vigo e Londres durante o verán de 2023. Segundo informou o alcalde, Abel Caballero, a administración local reclama á compañía unha contía de 17.414 euros por incumprimento contractual.

A decisión baséase, segundo explicou o rexedor, en que a empresa modificou a programación de voos sen previo aviso ao Concello, vulnerando os termos establecidos no convenio subscrito para a promoción e conexión aérea da cidade.

Ademais da sanción económica, o Concello abriu un segundo expediente para analizar se a compañía está a cumprir coas obrigas derivadas do contrato de publicidade, a través do cal Ryanair se comprometeu a visibilizar a marca turística de Vigo.

Neste sentido, o goberno municipal solicitou á aeroliña que xustifique documentalmente o cumprimento desas obrigas promocionais. “De non facelo, ou de verificarse novos incumprimentos, actuaremos como corresponde para defender os intereses da cidade“, asegurou Caballero.

O BNG DENUNCIA O “FRACASO” DO MODELO DE SUBVENCIÓNS ÁS AEROLÍNEAS

O portavoz do grupo municipal do BNG en Vigo, Xabier Pérez Igrexas, denunciou este luns o “fracaso” do modelo de subvencións a aerolíneas como Ryanair, cuxos reiterados “incumprimentos” coa terminal de Peinador fan necesario de forma “urxente” un “cambio estratéxico”.

Así, o grupo nacionalista propuxo a posta en marcha dun plan de dinamización do aeroporto vigués, que o consolide como vertebrador da área, do sur de Galicia e da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Igualmente, reclamou apoio do Goberno central para mellorar os accesos, permitir a apertura 24 horas e potenciar o transporte de mercadorías.

Á Xunta esixiulle que abandone a “confusión” que só beneficia aos competidores, como a terminal do Porto, e promove un sistema aeroportuario galego baseado na “coordinación”; mentres que ao Concello pídelle “liderado” nunha colaboración interadministrativa e que corrixa “situacións delirantes”, como a falta dun bus directo desde o centro urbano a Peinador.

ÚLTIMAS

O BNG esixe cambiar o plan de tráfico do Nadal de Vigo tras o “caos” do acendido das luces e o desfile de Disney+

O BNG de Vigo urxiu ao Goberno municipal que "rectifique" o plan de tráfico...

“Ameaza a supervivencia do barrio”: Lavadores mobilízase contra o proxecto de vivendas da Xunta

Máis de mil veciños do barrio vigués de Lavadores asinaron unha carta dirixida ao...

O histórico Teatro Fraga de Vigo volverá á vida: case 20 millóns de euros para unha reforma que comezará en 2027

O Consello da Xunta autorizou este luns a licitación das obras de restauración do...

“O sábado foi un día histórico en Vigo”, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que a ocupación hoteleira na...