InicioEconomíaA xestión de Feijóo na construcción do Cunqueiro supuxo un sobrecusto...

A xestión de Feijóo na construcción do Cunqueiro supuxo un sobrecusto de 470 millóns de euros para Galicia

O Consello de Contas sinalada que a actuación foi un investimentos con maior impacto económico levado a cabo pola Administración autonómica, polo que non se sustenta a simplificación deste trámite administrativo"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello de Contas de Galicia publicou este mércores un informe crítico sobre a xestión da construción e concesión do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Segundo o Informe de Fiscalización, a Xunta de Galicia podería ter aforrado máis de 470 millóns de euros se optara por licitar a obra e os servizos do centro hospitalario por separado en lugar de facelo conxuntamente, como finalmente se decidiu.

O informe, que consta de máis de 300 páxinas, sinala que “a opción máis vantaxosa” tería sido separar os contratos de obras e servizos, o que se tería traducido nun aforro significativo. “En termos económicos, a alternativa da licitación da obra por unha banda e a licitación de contratos de servizos por outra, é máis eficiente que o contrato de concesión realizado, xa que se poderían alcanzar resultados similares a un menor custo”, declara Contas.

A diferenza estimada entre a proxección de pagos das dúas opcións sería de aproximadamente 382 millóns de euros sen IVE e 470 millóns de euros con IVE, o que implica unha diferenza en termos de valor actual neto (VAN) de máis de 133 millóns de euros sen IVE.

Análise Insuficiente e Decisións Cuestionables

O Consello de Contas critica que a Xunta optou por esta forma de contrato “sen unha análise comparativa previo en termos de eficiencia e eficacia”. O contrato de concesión incluíu non só a construción do hospital, senón tamén a prestación de servizos non sanitarios, estendidos ao Hospital Meixoeiro e ao Nicolás Peña, pese a que estes últimos non implicaban ningunha actividade construtiva.

O organismo tamén destacou que o Estudo de Viabilidade completo foi substituído polo Estudo de Viabilidade Económico-Financeira, o cal non era suficiente considerando a magnitude económica do proxecto. “A actuación é un dos investimentos con maior impacto económico levado a cabo pola Administración autonómica, polo que non se sustenta a simplificación deste trámite administrativo”, conclúe Contas.

Modificacións e Reducións de Superficie

Ademais, o informe sinala varios cambios significativos nos planos iniciais, incluíndo a redución da superficie útil hospitalaria despois de adxudicar o contrato. En total, deixáronse sen executar case 11.000 metros cadrados inicialmente previstos e, posteriormente, reduciron outros 11.972 metros cadrados.

Estas modificacións, segundo Contas, poñen de manifesto unha “planificación insuficiente” e violan os principios de igualdade, non discriminación, concorrencia e transparencia que deben rexerse en calquera contratación pública.

Eficacia e Resultados Non Alcanzados

No que respecta á eficacia do investimento, Contas conclúe que o hospital non logrou alcanzar completamente os obxectivos fixados, como o número de camas previsto e outros obxectivos relacionados con instalacións e procesos asistenciais. “Non se logrou alcanzar as 2.000 camas no total do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) como se recollía na memoria de xustificación do centro”, detalla o informe.

Propostas de Mellora

O Consello de Contas propuxo diversas recomendacións para futuros proxectos similares, entre as que destaca realizar unha planificación “idónea” antes de iniciar o expediente de contratación e levar a cabo análises comparativas sólidas para garantir a xestión eficiente do gasto público. Tamén recomendou evitar a substitución de estudos de viabilidade completos por estudos económico-financeiros.

Implantación dos Medicamentos CAR-T

Noutra orde de cousas, Contas tamén publicou un informe sobre a xestión dos novos medicamentos de terapia avanzada CAR-T en Galicia, subliñando a necesidade de potenciar a produción propia destes tratamentos e impulsar programas de formación e investigación na materia.

Desde a súa implantación a finais de 2018, 60 pacientes galegos foron tratados con terapias CAR-T, aínda que se solicitaron un total de 96 tratamentos. En liña coas súas recomendacións, Contas insta ao Sergas a mellorar a capacidade de produción e a seguir fortalecendo a formación e investigación en terapias avanzadas.

ÚLTIMAS

Un erro ao alimentar unha caldeira de leña con carbón provoca unha intoxicación por monóxido de carbono en Oia

Unha persoa foi trasladada ao Hospital de Povisa, en Vigo, con síntomas de intoxicación...

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...