InicioSociedadeA CIG denuncia o peche de 72 horas do parque de bombeiros...

A CIG denuncia o peche de 72 horas do parque de bombeiros de Coruxo e pide a Caballero que “non xogue coa seguridade”

Para a CIG, o goberno local e o alcalde, Abel Caballero, pasarán á historia pola "dubidosa honra" de ter o parque de Coruxo pechado durante 72 horas por falta de bombeiros e por "incumprir de maneira reiterada os mínimos aprobados pola propia corporación municipal para a prestación do servizo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

CIG volveu a denunciar un peche do parque de bombeiros de Coruxo, en Vigo, marcando así unha nova “marca” ao permanecer inactivo durante 72 horas por “falta de persoal”. Segundo sinalou a organización sindical nun comunicado, desde as 22.00 horas do pasado xoves ata as 22.00 horas deste domingo o parque de Coruxo estivo pechado.

Para a CIG, o goberno local e o alcalde, Abel Caballero, pasarán á historia pola “dubidosa honra” de ter o parque de Coruxo pechado durante 72 horas por falta de bombeiros e por “incumprir de maneira reiterada os mínimos aprobados pola propia corporación municipal para a prestación do servizo”.

Por iso, fixo un chamamento ao rexedor, “que dedica tanto tempo e enerxía a eventos de proxección mediática”, para que resolva o problema de persoal que existe, ao seu xuízo, no servizo de bombeiros de Vigo para que “deixe de xogar coa seguridade dos cidadáns e dos propios integrantes do servizo”.

O sindicado insistiu en que o goberno municipal “non está a abordar coa dilixencia necesaria a precaria situación na que se atopa o servizo de extinción de incendios” e lembrou que as bases da oferta de emprego dos anos 2020, 2021 e 2022 continúan “á espera de ser publicadas”.

ÚLTIMAS

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

A Fiscalía solicita 3 anos e medio de cárcere para a dona dunha empresa de carpintaría por empregar persoal sen dar de alta na...

A dona dunha empresa de carpintaría enfróntase a unha petición de 3 anos e...

A Fiscalía solicita seis anos de cárcere por unha estafa con falsos alugueres en Vigo

A Fiscalía pediu seis anos de prisión para un home acusado dun delito continuado...