InicioEconomíaUn 67 % de ocupación hoteleira en Vigo durante maio: "Somos unha...

Un 67 % de ocupación hoteleira en Vigo durante maio: “Somos unha potencia turística”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou este martes nun 67 % o nivel de ocupación hoteleira na cidade durante o mes de maio, cunha media de 2,13 días de estancia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou este martes nun 67 % o nivel de ocupación hoteleira na cidade durante o mes de maio, cunha media de 2,13 días de estancia. Así o trasladou nun audio remitido aos medios de comunicación, segundo datos que manexa o propio Concello olívico. En base a eses datos, explicou o rexedor, a cidade bateu a súa marca de ocupación o pasado mes, e converteuse nunha “potencia turística”.

Segundo explicou, o 11 % dos visitantes durante maio procedían doutras partes de Galicia, mentres que un 48 % fixérono do resto de España e un 22 % por cento eran visitantes internacionais. Con respecto a estes últimos, Abel Caballero informou de que o 22 % procedían de Portugal, o 10,49 % eran de EE.UU, “un turismo de altísimo nivel”, e seguíronlles turistas de Alemaña (8 %), Italia (7 %), Reino Unido (5 %) e Francia (4 %).

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...