InicioEconomíaO Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo segue batendo marcas

A terminal olívica rexistrou incrementos en granito en bruto (+41,93 % en marzo, aínda que o acumulado trimestral é negativo), metais e as súas manufacturas (+45,29 % en marzo e +3,88 % no trimestre), froita (+1,85 % mensual e +4,48 % trimestral) ou pesca conxelada (+13,93 % mensual e +2,83 % trimestral).

PUBLICADO O

- Advertisement -

Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de tráfico de mercadorías, con 1,2 millóns de toneladas acumuladas e 444.336 toneladas no mes de marzo, segundo explicou este venres en rolda de prensa o seu presidente, Carlos Botana. No que respecta a mercadoría xeral (sen incluír graneis), a subida mensual foi do 24,9 % e a acumulada do trimestre alcanzou un 17,55 %. Así, as cifras foron positivas tanto en tráfico ro-ro, como en movementos de colectores e mercadoría convencional.

A terminal de colectores alcanzou a marca de 22.607 TEUs en marzo, un 27 % máis, e os movementos creceron un 15 % no total do trimestre. Ademais, o Porto prevé mellorar as cifras, coa posta en marcha desde o pasado 14 de abril da nova liña de Hapag-Lloyd coa costa oeste e leste de Sudamérica.

Con respecto ás principais mercadorías, a terminal olívica rexistrou incrementos en granito en bruto (+41,93 % en marzo, aínda que o acumulado trimestral é negativo), metais e as súas manufacturas (+45,29 % en marzo e +3,88 % no trimestre), froita (+1,85 % mensual e +4,48 % trimestral) ou pesca conxelada (+13,93 % mensual e +2,83 % trimestral).

No caso dos automóbiles, en marzo deixáronse notar as paradas da factoría de Stellantis, e o tráfico descendeu un 4,95 %, pero os datos trimestrais reflicten un incremento acumulado do 20,8 %. Mentres, a pesca fresca experimentou un descenso do 25,1 % en marzo (e unha baixada do 7,59 % con respecto ao mesmo trimestre do ano pasado); os aceites de peixe baixaron un 74,63 % mensual e o cemento tamén foi outra mercadoría con números negativos en marzo (-27,15 %).

ÚLTIMAS

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...