InicioEconomíaFandicosta e sindicatos acordan que o ERTE da planta de Moaña durará...

Fandicosta e sindicatos acordan que o ERTE da planta de Moaña durará tres meses e afectará a 69 empregados

"Aínda que o tentamos, non puidemos conseguir melloras económicas, pero rebaixar o tempo de ERTE, os días de regulación e o número de persoas afectadas supón un avance importante e menos perda económica", reivindican os sindicatos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A pesqueira galega Fandicosta e os sindicatos Comisiones Obreras (CC.OO.), UGT e CIG chegaron a un preacordo sobre as condicións do expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) que a dirección da empresa pretende impulsar nas súas instalacións de Domaio, en Moaña.

Finalmente, o expediente estará vixente entre o 15 de xaneiro e o 19 de abril de 2023, tres meses e medio menos que o exposto pola compañía ao comezo das negociacións. Así, afectará un máximo de 89 días naturais por cada traballador e non superará os 69 empregados (42 menos que os 111 que pedía a compañía).

Entre outras condicións, crearase unha comisión de seguimento do ERTE composta por unha persoa de cada sindicato do comité que velará polo correcto funcionamento do mesmo. En cando ás paradas de cada persoa, realizarase unha reunión unha semana antes de que acabe o mes e preavisarase con 15 días de antelación. En xaneiro, a metade irá unha semana ao ERTE e a outra metade, a seguinte.

No suposto de ser necesario traballar, o preaviso ordinario para volver será de 5 días. Este prazo pode ser de 48 horas, pero só en caso de urxencia e con información á comisión”, recollen os sindicatos nun comunicado. As tres organizacións sindicais valoraron positivamente este preacordo, que foi votado a favor en asemblea con todos os votos positivos e unha abstención.

“Aínda que o tentamos, non puidemos conseguir melloras económicas, pero rebaixar o tempo de ERTE, os días de regulación e o número de persoas afectadas supón un avance importante e menos perda económica”, reivindican. Fandicosta entrou en preconcurso de acredores o pasado mes de outubro. Na actualidade atópanse en pleno proceso de procura de posibles compradores da compañía. Segundo indicou a semana pasada a Xunta, que posúe máis do 12 % das accións, o obxectivo é seleccionar a oferta que teña en conta un plan de viabilidade industrial e maximice a preservación dos postos de traballo.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...