InicioEconomíaComuneiros ofrecen manter o prezo de aluguer dos terreos a Copo outros...

Comuneiros ofrecen manter o prezo de aluguer dos terreos a Copo outros 30 anos tras o aviso do grupo de que podería irse a Portugal

"Nós facemos un esforzo enorme ao manter o prezo do seu actual contrato, que está moi por baixo do valor do mercado e posiblemente sexa menos da metade das cifras que se están publicando estes días nos medios de comunicación", asegura César Lago, presidente da Comunidade de Montes de Tameiga. "Pero facémola porque queremos que Copo continúe en Mos e os seus traballadores e traballadoras teñan tranquilidade", apostilou.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Comunidade de Montes de Tameiga ofreceu este venres ao Grupo Copo continuar durante outros 30 anos nos 37.000 metros cadrados que ocupa no polígono Monte Faquiña mantendo “o mesmo prezo” do canon polo aluguer dos terreos que a multinacional acordou hai case 50 anos co Concello de Mos: o 6 % do valor da parcela.

O pronunciamento prodúcese despois de transcender que Copo estudaba a posibilidade de trasladarse de Mos a Portugal ante a postura da comunidade de montes en relación ao prezo de aluguer dos terreos nos que está a fábrica. O presidente galego, Alfonso Rueda, enviou unha mensaxe na pasada xornada apelando a “ser responsables” e co aviso de que os dereitos de propiedade non avalan “cambiar as regras de xogo” facendo “inasumible” a actividade.

Segundo informaron nun comunicado os comuneiros, responsables da Comunidade de Montes de Tameiga, e Copo celebraron esta mañá unha reunión, solicitada pola empresa despois de que os tribunais rexeitasen a pretensión da firma de prorrogar o seu contrato actual (que vence no ano 2025) ou, na súa falta, “que os xulgados limitasen a actualización do canon económico a un 10 % durante o mesmo período“. Na entrevista, a Comunidade de Montes de Tameiga puxo encima da mesa esta nova oferta para que Copo permaneza en Mos.

Nós facemos un esforzo enorme ao manter o prezo do seu actual contrato, que está moi por baixo do valor do mercado e posiblemente sexa menos da metade das cifras que se están publicando estes días nos medios de comunicación“, asegura César Lago, presidente da entidade veciñal. “Pero facémola porque queremos que Copo continúe en Mos e os seus traballadores e traballadoras teñan tranquilidade”, apostilou.

“MAN TENDIDA”

Así, a entidade comunal ofreceu a Copo rubricar un novo contrato a longo prazo, ata 30 anos a contar desde 2025. “Nós non somos uns xestores dun espazo que só buscan rendibilidade. Nós vivimos aquí, somos de Tameiga e queremos darlle estabilidade ao territorio, ás empresas e aos empregos da zona, e por iso propuxémoslles un contrato a longo prazo de trinta anos”, agregou Lago.

A Comunidade de Montes de Tameiga manifestou que “sempre mantivo a man tendida” á empresa para chegar a un acordo satisfactorio para ambas as partes que asegure a súa continuidade no parque empresarial de Monte Faquiña. “E a man continúa tendida. Estamos dispostos a reunirnos as veces que fagan falta e valorar todas as alternativas posibles”, remarcou. A entidade veciñal lembra que o Grupo Copo dispón no polígono industrial de Monte Faquiña dunha superficie de case 37.000 metros cadrados e, segundo os datos que figuran na súa propia páxina web, logrou no ano 2021 un volume de negocio superior aos 160 millóns de euros.

ÚLTIMAS

O Porto de Vigo aborda a caducidade da concesión de Estaleiros San Enrique tras incumprimentos no plan industrial

O Consello de Administración do Porto de Vigo abordará na súa reunión deste venres...

O novo centro de saúde Olimpia Valencia de Vigo abrirá as súas portas en marzo

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, anunciou que o novo centro de saúde...

Abel Caballero non descarta acudir aos tribunais se Vigo queda fóra do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en que non descarta acudir...

Un garda civil fóra de servizo salva a vida dun home que se atragantaba nun restaurante de Nigrán

Un axente da Garda Civil fóra de servizo salvou a vida a un home...