InicioEconomíaVigo recupera a marca de viaxeiros de antes da pandemia

Vigo recupera a marca de viaxeiros de antes da pandemia

Rexistrou máis de 74.000 viaxeiros en xaneiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os aeroportos de Vigo e Santiago de Compostela superaron en xaneiro o número de viaxeiros rexistrados no mesmo mes de 2019, antes do estalido da pandemia do coronavirus, mentres que o aeródromo da Coruña continúa aínda con datos inferiores a ese ano.

Segundo cifras publicadas este luns por Aena, o aeroporto de Lavacolla Rosalía de Castro contabilizou 214.616 viaxeiros o pasado xaneiro, un 20% máis que no mesmo período de 2019. Deles, 212.729 foron viaxeiros de voos comerciais, con 45.281 persoas que voaron en ligazóns internacionais, un 68,4% máis que en 2019. O aeroporto compostelán operou 1.734 voos, un 16,9% máis que en xaneiro de 2019. A terminal de carga manexou 372 toneladas de mercadoría un 48,6% máis.

No caso de Peinador, rexistrou un total de 74.233 pasaxeiros en xaneiro, un 3,3% máis en comparación co mesmo mes de 2019. As operacións subiron un 45,8%, ata 1.220 voos, dos cales 738 foron comerciais, un 6,2% máis. O aeródromo vigués contabilizou máis de 30 toneladas de mercadoría, un 72,4% máis.

Pola súa banda, desde A Coruña voaron 82.624 persoas, quedándose aínda no 90,7% do tráfico de pasaxeiros previo á pandemia, sendo así o único aeroporto galego que non recuperou niveis previos ao coronavirus. O número de operacións foi de 1.104, delas 746 foron voos comerciais, tamén menos que en 2019.

DATOS ESTATAIS

A nievl nacional, máis de 16,9 millóns de pasaxeiros transitaron polos aeroportos de Aena o pasado mes de xaneiro, o que supón un incremento do 2,1% con respecto ao mesmo mes de 2019 e, por tanto, a primeira vez que as cifras superan as prepandemia.

Ademais, esta cifra representa un aumento do 62,7% con respecto a xaneiro do ano pasado. En canto aos movementos de aeronaves, en xaneiro xestionáronse 156.500, o 98,1% dos de 2019 e un 18,7% máis que en 2022. En xaneiro movéronse 74.547 toneladas de mercadoría, o que supón unha recuperación do 96,4% con respecto ao mesmo mes de 2019 e un 97,2% fronte a xaneiro de 2022.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...