InicioDeportesOs xogos populares toman as rúas de Ponteareas

Os xogos populares toman as rúas de Ponteareas

PUBLICADO O

A Concellería de Ensino, que dirixe Cristina Fernández, presenta a terceira edición de “Brincamos!!”, unha actividade que rende homenaxe aos xogos populares e tradicionais e que brinda a oportunidade de participar a toda a familia.

A praza de Bugallal será este venres día 4 escenario e testemuña da transmisión de regras de xogos de maiores a cativos. Brincamos!! ofrece a oportunidade de que sexan os adultos os que ensinen ás nenas e nenos xogos de hai décadas como o do aro.

En colaboración cos centros educativos e alumnado que participa guiando o xogo dos máis
pequenos, a Concellería de Ensino do Concello de Ponteaereas quere por en valor e recuperar para os cativos da vila xogos como a chave, o aro, a comba, os trompos, os trespés, a búsqueda do tesouro, as carreiras de sacos, a mariquitilla…

“Son xogos para tódalas idades nos que tamén poden participar os nosos maiores
ensinándolles ou explicándolles as regras de xogo. Os xogos tradicionais e populares
normalmente son dinámicos e de habilidade que obrigan aos nenos a estar activos e traballar a coordinación, e por unhas horas facemos que esquezan as súas preferencias pola tecnoloxía”, explica Cristina Fernández.

Algúns destes xogos que estaban esquecidos para moitos volven agora á actualidade:“É importante que non se perda o uso dos xogos populares e tradicionais, amáis de recuperar a rúa para o xogo das nenas, nenos e xuventude, obxectivo que tamén contempla a estratexia “Ponteareas, hábitat saudable”.

Brincamos ademais, revaloriza os usos da vía pública, recuperando ese espazo non só para
estes xogos senón tamén para todas as familias que se achegan e descubren un ámbito máis amable e de lecer.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...