InicioDeportesVigo acolle o venres a "festa do fútbol", que incluirá tamén un...

Vigo acolle o venres a “festa do fútbol”, que incluirá tamén un partido ‘all stars’ con actores e humoristas

A Federación Galega de Fútbol organizou unha serie de actividades enmarcadas nesta xornada festiva, incluíndo un encontro 'all stars' con actores e humoristas. Este partido xogarase a partir das 12.30 horas no Campo Federativo de Coia, en Vigo. O partido Galicia-Panamá será ás 20.00 horas en Balaídos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia vivirá este venres, día 31 de maio, a “gran festa do fútbol” da Comunidade, cando se celebrará o partido entre a selección galega absoluta e a panameña. Neste contexto, a Federación Galega de Fútbol organizou unha serie de actividades enmarcadas nesta xornada festiva, incluíndo un encontro ‘all stars’ con actores e humoristas.

Así o anunciou este luns en Vigo precisamente o humorista Xosé A. Touriñán, quen foi o encargado de facer a convocatoria destes ‘deportistas por un día’, entre os que se atopan tamén políticos, xornalistas ou persoas do mundo da cultura e das artes escénicas. Este partido xogarase a partir das 12.30 horas no Campo Federativo de Coia, en Vigo. Tras el, servirase polbo para todos os asistentes. Entre risas, Touriñán puxo en valor a iniciativa, reivindicado que a idea é que todo o venres sexa unha festa en Galicia, co colofón final do encontro entre ambas as seleccións ás 20.00 horas no Estadio Abanca Balaídos.

Entre os convocados están exfutbolistas como Pablo Couñago, Jonathan Aspas ou Mario Bermejo, pero tamén o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, ou o secretario xeral da Lingua, Valentín García, ademais de cantantes como os integrantes de Boyanka Kostova, ou persoas do mundo do audiovisual como Morris, Nacho Carretero, Sonia Méndez, así como as propias Tanxugueiras, que cantarán o himno galego en Balaídos e tamén están convidadas o encontro da mañá. “Queriamos xogar en Balaídos, pero facíasenos moito campo do noso señor e pedimos un campo un pouco máis pequeno. E por non levantalo todo, porque igual queda o campo para plantar patacas pola tarde”, chanceou Touriñán.

CARTEL

Este luns tamén se presentou o cartel do partido entre a selección galega absoluta e a de Panamá. Foi creado pola artista María José Puído, que explicou que tratou de conxugar na súa obra as cores de ambos os equipos. Pola súa banda, Valentín García tamén acudiu á presentación, indicando que esta programación ao redor do partido da selección galega pretende unir a cultura galega e festexar o sentimento de pertencer a Galicia. El subliñou a importancia do fútbol á hora de unir ás persoas.

Desde a Federación quixeron destacar a importancia do encontro, xa que a selección galega absoluta non xoga desde 2016, cando se celebrou o partido contra Venezuela en Riazor. Nesta ocasión, a idea é unir a todos os afeccionados ao fútbol, “sen importar do equipo que sexan”. Por iso, as entradas foron postas á venda con “prezos populares”, para lograr un cheo en Balaídos.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...