InicioCulturaDenuncian o roubo de dous cadros do pintor impresionista francés Edgar Degas...

Denuncian o roubo de dous cadros do pintor impresionista francés Edgar Degas nunha vivenda de Nigrán

Algunhas obras deste artista alcanzaron prezos millonarios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil puxo en marcha unha investigación tras a presentación dunha denuncia polo roubo de dous cadros de Edgar Degas nunha vivenda na zona de Monteferro, en Nigrán, e que terían un importante valor económico.

Segundo confirmaron fontes do Instituto Armado, presentouse unha denuncia por parte dunha persoa que refire ser vítima do roubo destas obras de arte na súa vivenda, e que asegura que teñen “un valor moi grande”.

A investigación corre a cargo da sección de Patrimonio da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia de Pontevedra. Polo momento, non transcendeu o título dos cadros nin a identidade do denunciante, que se decatou da subtracción das obras ao regresar dunha viaxe.

Edgar Degas foi un artista impresionista francés do século XIX, recoñecido especialmente polas súas pinturas dos ambientes parisienses e, especialmente, as súas imaxes de bailarinas. As súas obras alcanzaron prezos millonarios, por exemplo, a súa escultura da ‘Pequena bailarina de 14 anos’ superou os 22 millóns de euros nunha poxa en 2015.

ÚLTIMAS

Ferido tras romper un parrulo o parabrisas do seu coche en Vigo

Un condutor resultou ferido tras impactar unha ave contra o parabrisas do seu vehículo,...

Un helicóptero rescata un escalador ferido grave tras caer uns 12 metros no monte do Galiñeiro

Un escalador resultou ferido de gravidade este domingo tras sufrir unha caída duns 12...

Vigo confirma a súa candidatura para ser sede do Mundial de Fútbol de 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este sábado que a cidade foi ratificada...

Reabre un carril da AP-9 en Mos tras o envorco dun camión con 32.000 litros de gasóleo

O carril esquerdo da AP-9 á altura do punto quilométrico 164, no termo municipal...