InicioCulturaPonteareas inicia un proxecto para recuperar a súa historia a través de...

Ponteareas inicia un proxecto para recuperar a súa historia a través de antigas fotografías e grandes historias

"Cada día pérdense historias e cada un de nós coñece unha historia que ninguén mais sabe, por iso todos somos importantes”, subliñan dende o Concello de Ponteareas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas presenta o vindeiro xoves día 14 de xuño, ás 20:00 h no Salón de Plenos da Casa do Concello, o proxecto “Ponteareas no Tempo”, un proxecto que pretende recuperar a historia do noso concello a través das fotografías que están nos caixóns das casas das veciñas e veciños de Ponteareas e as historias que as nosas xentes saben sobre as mesmas.

A intención do Concello é “deixar un legado ás xeracións futuras”, polo que este non é un proxeto para uns meses ou para un ano, senón un proxeto colectivo para que perdure no tempo,  de feito “somos conscientes de que cada día que pasa se perde unha historia, polo que queremos contar coa colaboración de cada familia, cada barrio, cada parroquia e cada colectivo ou  entidades que axuden a recuperar a nosa historia e contala aos máis novos. Cada un de nós coñece unha historia que ninguén mais sabe, por iso todos somos importantes”.

A concelleira convida a todas aquelas persoas que queiran coñecer máis e participar neste proxeto que se acheguen o vindeiro xoves ás 20:00 h. ao salón de plenos do Concello, onde se presentará publicamente esta iniciativa.

ÚLTIMAS

Cazan ‘in fraganti’ tres ladróns cando tentaban asaltar unha vivenda no barrio vigués de Balaídos

A rápida intervención policial e a colaboración cidadá evitaron que se consumase un novo...

Unha conferencia revela como a arte do século XIX construíu a imaxe histórica de Vigo

O historiador da arte e membro do Instituto de Estudos Vigueses, José Luis Mateo,...

O Celta recibe o selo nacional de transparencia e divulgación non financeira de mans do Consello Xeral de Economistas e LaLiga

O Consello Xeral de Economistas de España (CGEE) e LaLiga distinguirán o vindeiro luns,...

Abel Caballero convoca o pleno extraordinario do caso Saltamontes o 19 de xuño pero elude a súa comparecencia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, convocou para o próximo 19 de xuño o...