Vigo ábrese ás tendencias creativas co festival ciCLICKa

Festival ciCLICKa / © Miguel Núñez

Xa está aquí CiCLICKa, un novo festival en Vigo que abre este xoves as súas portas para os fanáticos das tendencias en creatividade.

Os promotores de ciCLICKa programaron concertos, markets, obradoiros, artes escénicas, proxeccións, danza, Dj sets, propostas gastronómicas, decoración, recitais poéticos, barbería artística e outras actividades que terán lugar baixo do Mercado do Progreso, na rúa Vázquez Varela, e na sala Mondo (rúa Joaquín Loriga).

O evento, que leva por apelidos Market, Arts & Fun, durará dez días separados en dúas quendas. A primeira, do 19 ao 24 de decembro e a segunda, do 2 ao 5 de xaneiro.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here