InicioCulturaA Nao Santa María chegará por primeira vez a Vigo e poderá...

A Nao Santa María chegará por primeira vez a Vigo e poderá visitarse durante dez días

A réplica histórica atracará no pantalán Portocultura do 16 ao 25 de outubro tras completar unha xira europea por máis de 30 cidades do Reino Unido e Irlanda.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Nao Santa María visitará por primeira vez na súa historia o porto de Vigo este mes de outubro, tras completar a súa gran xira europea de 2026. Segundo informou a Fundación Nao Victoria, a embarcación atracará no pantalán Portocultura e poderá ser visitada entre os días 16 e 25 de outubro. “Os visitantes poderán descubrir como era a vida a bordo da réplica que uniu dous mundos: o descubrimento de América da man de Cristóbal Colón”, reivindicou a entidade.

A embarcación conta con tres cubertas abertas ao público e funciona como un museo flotante que busca trasladar os visitantes á época das grandes expedicións marítimas. A chegada a Vigo producirase despois da súa gran xira europea, na que a Nao Santa María visitou máis de 30 cidades do Reino Unido e Irlanda. O porto vigués converterase así nun dos primeiros puntos de escala da embarcación tras completar ese percorrido internacional.

ÚLTIMAS

Caballero di agora que “pide que o Goberno de España pague” parte das obras necesarias para ser sede do Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, dixo este mércores que el "pide que o...

“Non permitiremos un réxime do medo”, sindicatos e movementos sociais condenan o ataque á sede de UGT de Vigo

Sindicatos, movementos sociais e partidos políticos de esquerda volveron condenar este mércores o ataque...

O cidadán “exemplar” de Vigo: entrega á Policía 400 euros que atopou no caixeiro

Un cidadán entregou á Policía Nacional 400 euros que atopara na rañura dun caixeiro...

O RC Celta de Vigo multado con 5.000 euros por vender alcol nos palcos VIP

A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e...