InicioCulturaO Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo...

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O concerto promete rememorar a época dourada da banda cunha posta en escena auténtica e detalista.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road, que chega á cidade para presentar o seu espectáculo ‘Beatles tribute show’. Tal como informou a Obra Social de Abanca nun comunicado, este grupo é considerado un dos mellores tributos da mítica banda de Liverpool.

A fidelidade na posta en escena ás voces orixinais, os vestiarios e os instrumentos empregados similares aos do cuarteto son elementos diferenciais desta banda que chega a Vigo a principios de outubro.

O concerto é unha viaxe ao pasado e rememora a música de The Beatles con cancións como ‘Love Me Do’, ‘I Want To Hold Your Hand’, ‘Yesterday’, ‘Penny Lane’, ‘Hey Jude’ ou ‘Let It Be’. As entradas están dispoñibles en ‘Ataquilla.com’.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...