InicioCultura‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

Reivindica á xeración de mozas nos 80, que romperon cos valores conservadores: "Iso tamén é memoria histórica"

PUBLICADO O

- Advertisement -

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme ‘Romaría’ (a estrea será o 5 de setembro), a terceira longametraxe da cineasta Carla Simón, co que pecha a triloxía dedicada a explorar a súa memoria familiar, que foi rodada na urbe olívica e a súa contorna, e que supón o retorno ao lugar onde os seus pais biolóxicos viviron a súa historia de amor.

Así, tal e como sinalou a propia Simón nunha entrevista a Europa Press, “tiña todo o sentido do mundo” contar esta historia desde Vigo, de onde era o seu pai, a pesar de que a película busca reivindicar a memoria de toda unha xeración, azoutada polo consumo de heroína e logo pola irrupción da SIDA, e que reflicte unha historia que “puidese pasar en calquera lugar”.

“Para min tiña algo case místico ou máxico, o feito de volver aos lugares onde os meus pais viviron a súa historia de amor. É un exercicio de recuperar a memoria que non teño”, explicou a directora sobre ‘Romaría’, que relata a viaxe desa moza de 18 anos, que foi ela mesma, á ría viguesa para reconstruír o pasado dos seus pais e o seu propio pasado.

Precisamente, o contexto onde se desenvolve a película ten un peso importante, polo protagonismo que tiveron Galicia e Vigo neses anos 80 no ámbito cultural, musical e mesmo da entrada da heroína en España. “Non foi casual, viviron aquí porque aquí estaban a pasar cousas”, apuntou.

Nese sentido, o equipo de Carla Simón tivo que enfrontarse ao reto de buscar un “equilibrio” e rodar dunha “maneira orgánica” para que a paisaxe non roubase protagonismo á historia e puidese estar “integrado”, tendo en conta que “a Ría o condiciona todo”.

Outro dos retos (conseguidos) pola película é o de achegarse á historia sen xulgar aos seus protagonistas. “Eu aos meus pais non lles xulgo. Foi unha putada o que lles pasou, nun contexto moi concreto”, explicou, e lembrou que os seus proxenitores, Neus e Kin, foron mozos que creceran no franquismo, “cunha represión absoluta” e, coa chegada da liberdade, “queren explorar en todos os sentidos”. “Non tiñan coñecemento profundo do que podía pasar coas drogas, e logo chegou a SIDA (que levou a ambos os)”, engadiu.

REIVINDICAR UNHA XERACIÓN

Con todo, Carla Simón ten moi claro que “hai que reivindicar a esa xeración, pola en valor”, algo que non se fai en moitas ocasións “polo estigma e a dor que causa nas familias”, como se reflicte en ‘Romaría’. “Non falamos moito deles, pero foron os que romperon con todos os valores conservadores da sociedade española dese momento. Aos que hai que agradecer que esteamos onde estamos”, proclamou. A directora catalá subliñou que foron precisamente eses mozos quen introduciron en España “ideas progresistas que en Europa xa facía moitos anos que estaban”.

Con todo, apuntou que existía “o perigo” de contar esta historia “xulgando, desde un lugar cruel ou mesmo idealizando”. “Atopar o ton adecuado foi algo que falamos moito no equipo, poder atopar a medida xusta para tentar contar algo que, á fin e ao cabo, eu non vivín”, sinalou.

ÚLTIMAS

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...

A Xunta nega acoso escolar tras as denuncia no colexio concertado Monterrey: “técnicamente non é”

A familia dunha nena de 5 anos denunciou a falta de actuación do colexio concertado...

Sancionan cinco alumnos do colexio Monterrey en Vigo tras a denuncia da familia dunha nena por suposto acoso

O colexio Monterrey de Vigo abriu cinco "procedementos correctores con sancións" no marco da...

Veciños de Navia acusan á Xunta de permitir “narcopisos” en vivendas da súa propiedade

Veciños do barrio vigués de Navia denunciaron este xoves a existencia de varios narcopisos...