InicioCulturaMondra musicará en Cans 'Miss Ledya', primeira obra de ficción rodada en...

Mondra musicará en Cans ‘Miss Ledya’, primeira obra de ficción rodada en Galicia e na que actúa Castelao

Terá lugar na tarde do venres 23 de maio, con aforamento reducido só para 90 persoas e un prezo de cinco euros a entrada, que se pode comprar desde este mércores na web oficial do festival.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O cantante Mondra musicará no Festival de Cans a cinta muda ‘Miss Leyda’, película de 1916 considerada a primeira obra de ficción rodada en Galicia e na que actúa Alfonso Castelao. A actuación será un dos grandes atractivos do festival, explican nun comunicado, e forma arte das accións especiais que prepara o certame para celebrar o Ano Castelao, que conmemora os 75 anos do falecemento dunha das figuras máis influentes da cultura galega.

Terá lugar na tarde do venres 23 de maio, con aforamento reducido só para 90 persoas e un prezo de cinco euros a entrada, que se pode comprar desde este mércores na web oficial do festival. A actividade terá lugar no Baixo de Bugarín, “un dos espazos máis emblemáticos e auténticos do festival”.

A cinta conta a historia de Miss Ledya, “fermosa e excéntrica señorita norteamericana”, que chega a Pontevedra acompañada do seu pai, un rico financeiro. A moza alóxase no hotel da Illa da Toxa, onde están de incógnito os reis de Suavia, ameazados polos anarquistas. A película está protagonizada por Fefa Ximénez de Sandoval e entre os 16 actores e actrices principais do elenco figura Alfonso R. Castelao, que encarna ao pastor protestante.

ÚLTIMAS

Juan Barbazán triunfa no Festival de Cans cos tres premios de “María Rita”

'María Rita', de Juan Barbazán, confirmou como a gran gañadora na entrega de premios...

Primeiro día de folga do lixo en Vigo tras o desencontro entre sindicatos e empresa

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...

Feridas catro persoas tras bater o seu vehículo contra varios estacionados en Vigo

Catro persoas resultaron feridas en Vigo tras bater o seu vehículo contra varios estacionados....

Os traballadores do lixo de Vigo van á folga indefinida desde este domingo tras fracasar a negociación

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...