InicioCulturaBiznaga, Caamaño&Ameixeiras, Guadalupe Prata, Susana Seivane e Santero e Los Muchahos, no...

Biznaga, Caamaño&Ameixeiras, Guadalupe Prata, Susana Seivane e Santero e Los Muchahos, no cartel do Festival de Cans

PUBLICADO O

- Advertisement -

Biznaga, Caamaño&Ameixeiras, Guadalupe Prata, Susana Seivane e Santero e os Raparigos son algunhas das máis de vinte actuacións musicais que acollerá o Festival de Cans, que se celebrará entre o 20 e o 24 de maio.

Así, o venres 23 de maio Biznaga subirase ao espazoda Leira do Río e o sábado 24 de maio será a quenda para A Banda da Loba, Santero e Los Muchachos e Serial Killerz. O Torreiro, lugar icónico na aldea, onde se colocan as estrelas dos visitantes ilustres, volverá ser un espazo para actuacións musicais máis próximas. Alí actuará o venres, ás 20.00 horas, Caamaño&Ameixeiras, que dará o concerto de benvida a Cans.

Polo Torreiro pasarán tamén o sábado 24 na sesión vermú Abril e o grupo de blues Guadalupe Prata. Ademais, no espazo O Invernadoiro Rei Zentolo, que combina música e proxeccións audiovisuais, e que ten un aforamento de 100 persoas por actuación, terá lugar o sábado a performance poética de Lúa Mosqueteira.

Tamén se vivirá o regreso da gaiteira Susana Seivane despois dun ano afastada dos escenarios e estrearase o documental ‘Son Seivane’, dirixido por Xosé Antón Bocixa. O aforamento para as actuacións de O Invernadoiro é de 100 persoas e as entradas estarán á venda por 7 euros, aínda que o Festival ofrece 30 bonos por 10 euros para asistir a ambos os espectáculos. Da oferta promocional de 200 packs de lanzamento que o certame anunciou a semana pasada, tan só quedan 50 á venda.

ÚLTIMAS

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...