InicioCulturaVanesa Martín, segunda confirmación para Castrelos

Vanesa Martín, segunda confirmación para Castrelos

Actuará no auditorio ao aire libre o 31 de xullo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A cantante Vanesa Martín subirase ao escenario do auditorio de Castrelos, en Vigo, o próximo 31 de xullo, dentro da programación dos concertos de verán na cidade, segundo avanzou este venres o alcalde olívico, Abel Caballero. Vanesa Martín é unha das artistas máis recoñecidas no actual panorama musical español, e as súas xiras levárona por países como Porto Rico, México, Costa Rica, Ecuador, Perú, Chile, Arxentina ou EE.UU.

Ao longo da súa carreira foi recoñecida con varios premios, como a Medalla de Andalucía (2020), o Premio Ondas á Mellor Comunicación Musical polo seu labor de visibilidade do colectivo LGTBI (2019), o Premio Odeón á “Mellor Artista Feminina” (2020) ou o “Mellor Videoclip” nos 40 Music Awards (2019). A actuación da cantante e compositora, que tamén participou nos programas de televisión La Voz e La Voz Kids, é a segunda anunciada para este verán en Castrelos, onde tamén se representará a ópera A Traviata, o 1 de agosto.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...