InicioCulturaAs tropas francesas volverán intentar conquistar a cidade a partir do 22...

As tropas francesas volverán intentar conquistar a cidade a partir do 22 de marzo

Os seus días grandes serán na fin de semana do 28 de marzo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade celebrará a XXXI edición da Festa da Reconquista a partir do 22 de marzo, sendo os días grandes a fin de semana do 28 ao 30 dese mes. En rolda de prensa, o rexedor presentou o programa da festa, que comezará o 22 de marzo coa representación da destitución do alcalde, mentres que o 30 será a expulsión das tropas francesas.

Segundo dixo Caballero, a Reconquista trátase da “maior romaría urbana de Galicia”, polo que o Concello incrementará a súa achega un 8 % este ano, ata 135.000 euros. Os tradicionais postos do mercado instalaranse desde o venres 28 ao 30 de marzo, polo que a partir do 24 de xaneiro xa estarán dispoñibles na páxina web do Concello as bases para solicitar un oco.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...