InicioCulturaNominado ao Grammy Latino o videoclip do centenario do Celta

Nominado ao Grammy Latino o videoclip do centenario do Celta

Os galardóns deron a coñecer este martes os nomeados na súa 25ª edición, entre os que apareceu representación galega

PUBLICADO O

- Advertisement -

O videoclip do himno do centenario do Real Club Celta de Vigo composto por C.Tangana e o artista coruñés a Iñigo Quintero foron nomeados aos Latin Grammy.

Os galardóns deron a coñecer este martes os nomeados na súa 25ª edición, entre os que se coou representación galega.

Así, o vídeo do himno ‘Oliveira dos cen anos’ composto por C.Tangana con motivo do centenario do club vigués figura entre os finalistas da categoría Mellor Vídeo Musical Versión Curta xunto a artistas como Marc Anthony, Bad Bunny, Leonel García e Nuno Gomes, Mau e Ricky e Residente con Silvia Pérez Cruz.

Ademais, o coruñés Iñigo Quintero foi nomeado xunto a Agris, Kevin Aguilar, Darumas, Nicolle Horbath, Latin Mafia, Cacá Magalhães, Los Garotin, Sofi Saar e Ela Taubert ao premio de Artista Novo.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...