InicioCulturaCastrelos retoma a lírica coa representación da ópera Rigoletto

Castrelos retoma a lírica coa representación da ópera Rigoletto

A obra de Giuseppe Verdi poderase ver o próximo 9 de agosto segundo avanzou o alcalde da cidade, Abel Caballero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O auditorio municipal de Castrelos en Vigo recuperará este ano o xénero lírico musical en gran formato, coa representación da ópera Rigoletto, de Giuseppe Verdi, o próximo 9 de agosto, segundo avanzou o alcalde da cidade, Abel Caballero. O rexedor explicou, en declaracións remitidas aos medios, que este verán a programación incorporará esta ópera como novidade, á vez que lembrou que “hai moitos anos, máis dun cuarto de século”, o auditorio de Castrelos albergou representacións de zarzuela.

Caballero avanzou que o espectáculo do 9 de agosto, interpretado por “artistas internacionais”, farase sen intervalo, cunha duración dunhas 2 horas, e que haberá 2.500 cadeiras. A ópera será “gratuíta, como todos os concertos de Castrelos”. Con este novo anuncio, son xa 8 as actuacións confirmadas para a programación de concertos de verán deste auditorio municipal: Dani Fernández (13 de xullo), Coral Casabranca (20 de xullo), Luís Fonsi (23 de xullo), Sen Senra (25 de xullo), Luz Casal (2 de agosto), UB40 (7 de agosto), Víctor Manuel (14 de agosto) e Melendi (17 de agosto).

ÚLTIMAS

Caballero anuncia que a Tribuna de Balaídos levará o nome de Iago Aspas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este mércores que a bancada de Tribuna...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...

Sete meses de prisión por tocarlle o cú a unha menor e agredir a un policía en Vigo

Un home aceptou sete meses e medio de prisión por lle tocar a unha...

Unha persoa resulta ferida nun choque con cinco vehículos implicados en Vigo

Una persoa resultou ferida tras verse afectada por un accidente de tráfico na cidade...