InicioCultura'A Homenaxe' achegará a música do gaiteiro Julio Vázquez Carril e o...

‘A Homenaxe’ achegará a música do gaiteiro Julio Vázquez Carril e o baile tradicional de Oliva López López a Vigo

O Grupo Etnográfico A Buxaina de Coruxo celebrará, o próximo sábado 23 de marzo, 'A Homenaxe' no teatro Afundación de Vigo. O acto comezará ás 20.00 horas e a apertura de portas será ás 19.30 horas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Grupo Etnográfico A Buxaina de Coruxo celebrará, o próximo sábado 23 de marzo, ‘A Homenaxe’ no teatro Afundación de Vigo. O acto comezará ás 20.00 horas e a apertura de portas será ás 19.30 horas. Trátase dun acto anual que A Buxaina organiza en colaboración co Centro Recreativo Artístico e Cultural de Coruxo (CRACC) e que ten como obxectivo principal dar a coñecer a aquelas persoas que, de xeito altruísta, souberon conservar e transmitir a sabedoría do noso baile e música tradicionais. Trátase, xa que logo, de apreciar a quen soubo atesourar a identidade do noso pobo.

Para isto, desta volta os homenaxeados serán a bailadora Oliva López López, da Fonsagrada, e o gaiteiro Julio Vázquez Carril, de San Miguel, en Arzúa. Ademais desta homenaxe, tamén haberá actuacións dos grupos ‘De Ninghures’, septeto formado por xente moza de distintas partes da xeografía galega comprometida coa música, o baile e a lingua a través do seu proxecto de música folk, e o grupo de baile a Mámoa de Luou. Tamén contarán coa presenza de Celso Fernández Sanmartín, recoñecido poeta e contacontos nado en Lalín, como presentador desta edición.

‘A Homenaxe’, previamente chamada ‘Homenaxe ao Gaiteiro’, homenaxeou desde o seu comezo a persoas que bailaban ou tocaban instrumentos tradicionais, polo que dende a pasada edición o cambio de nome pretende reflectir esa inclusión, riqueza e variedade que sempre estivo presente no acto. Dende A Buxaina invitan a todo o mundo a pasar unha noite máxina na que se gozará de grandes actuacións e se descubrirá a traxectoria musical de persoas que inspiraron e ensinaron a outras moitas.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...