InicioCulturaA remodelación do Museo Massó de Bueu rematará en 2024

A remodelación do Museo Massó de Bueu rematará en 2024

Trátase dunha actuación "complexa" que leva o traslado de 11 grandes embarcacións antigas e unha dificultade extra de instalar maquinaria e contar coa colaboración de arqueólogos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou este venres o Museo Massó de Bueu, no que a Xunta inviste 1,1 millóns de euros para unhas obras de ampliación e mellora que concluirán en 2024. Trátase dunha actuación que, tal e como destacou o titular de Cultura do Goberno galego, converterá a esta infraestrutura en “unha referencia de primeiro nivel na conservación e divulgación do patrimonio mariñeiro”.

De feito, esta obra posibilitará tamén sumar máis fondos ao museo, como “obxectos de gran valor que actualmente permanecen gardados e que en moitos casos están relacionados coa figura de Urbano Lugrís”, do que precisamente o próximo 23 de decembro conmemorarase o 50 aniversario do seu falecemento.

Trátase dunha actuación “complexa” que leva o traslado de 11 grandes embarcacións antigas e unha dificultade extra de instalar maquinaria e contar coa colaboración de arqueólogos. Durante as obras, localizáronse 54 pesos empregados para a maduración de anchoas que se depositarán no propio museo.

Outro dos obxectivos destas obras actualmente en marcha é resolver os problemas da envolvente do edificio e do acondicionamento das salas. “Os traballos que estamos a levar a cabo suporán un antes e un despois para Bueu e para toda Galicia ao recuperar unha edificación histórica que é un símbolo para esta vila e incorporar novas zonas de visita ao museo”, subliñou Román Rodríguez.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...