InicioCulturaLuz Casal actuará os próximos 6 e 7 de outubro no teatro...

Luz Casal actuará os próximos 6 e 7 de outubro no teatro Afundación

As entradas parten dos 40 euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A artista galega Luz Casal actuará os próximos 6 e 7 de outubro no teatro Afundación de Vigo, onde presentará a súa última produción discográfica ‘Las ventanas de mi alma’. Tal como reivindicou a cantante, trátase do álbum “máis persoal e autobiográfico” da súa carreira, que chega tras cinco anos sen publicar material inédito.

Agora Casal regresa cun novo disco no que se presenta “sen máscaras nin artificios, franca, apaixonada como sempre e máis ancorada á realidade que nunca“, segundo recolle Afundación nun comunicado. Nas súas cancións, explora novos sons e aborda contidos actuais.

“Un disco que supón unha luz de esperanza, que tende a man en cada canción, ofrecendo saídas no medio da escuridade”, engade a artista. As entradas para os seus concertos en Vigo, que levarán a cabo a partir das 20.30 horas os días 6 e 7 de outubro, xa están á venda en ‘Ataquilla.com‘, por un prezo que parte dos 40 euros.

ÚLTIMAS

Médicos de Atención Primaria maniféstanse en Vigo contra a sobrecarga laboral

Decenas de médicos de Atención Primaria de toda Galicia concentráronse este martes pola tarde...

O BNG de Vigo demanda un cambio radical ante a crise industrial e a emerxencia laboral na cidade

O BNG de Vigo reclamou á Xunta de Galicia e ao Concello un cambio...

Vigo volve mirar ao Mundial: Caballero anuncia novos pasos para ampliar Balaídos ata 43.000 espectadores

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes que “xa se están dando...

Xuízo pola morte dun operario en Cardama: o condutor do camión asegura que non viu o cable que provocou a caída da peza

O condutor do camión do que caeu unha enorme peza que causou a morte...